Este sábado O Baixo Miño ponse en forma. Os diferentes concellos, administracións e asociacións organizan até catro rutas de sendeirismo, ou andainas, que discurrirán por parte do Camiño de Santiago, polas fortalezas da fronteira en Galicia e Portugal ou polos recunchos do Parque Natural do Monte Aloia.
Tomiño Único remata o sábado a edición deste ano cun roteiro guiado que amosará o inicio do Camiño norte de Santiago en territorio galego. O itinerario seguirá un treito circular ao longo de 5 quilómetros e percorrerá diferentes puntos do municipio polos que discorre o Camiño norte de Santiago. As persoas participantes poderán admirar e coñecer aspectos culturais, sociais ou de tipo arquitectónico da man do especialista Antonio Soliño Troncoso e, por suposto, gozando da paisaxe e o medio natural da beira do río Miño.
A actividade comezará ás 18:00 horas da tarde dende a Igrexa de Goián.
Para máis información pódese enviar un e-mail ao enderezo electrónico cultura@tomino.gal, ou o teléfono 986 622 001.
Reivindicar a importancia do Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui é o obxectivo da andaina organizada para este sábado por Iacobus Tui en colaboración co Concello de Tui. Preto dun centenar de persoas realizarán en dous grupos este percorrido histórico, un grupo completando os 34 quilómetros que separan Caminha e Tui e o outro grupo os 17 quilómetros entre Vila Nova de Cerveira e Valença.
O percorrido permitirá aos participantes camiñar por lugares que habitualmente non se pasa. O primeiro grupo sairá ás 6.45h dende o aparcamento de autobuses a carón da praza de Abastos de Tui para comezar a camiñar ás 7.30h en Caminha e afrontar os 34 quilómetros de percorrido ata Tui, onde está previsto que cheguen sobre ás 13.30h. O segundo grupo partirá 8.30h no tren dende Valença ata Vila Nova de Cerveira onde ás 9h serán recibidos na Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e iniciarán os 17 quilómetros do Camiño Portugués ata Valença.
A inscrición, gratuíta, está aberta ata mañá xoves ás 23.59h no 650 009 233, no correo electrónico iacobustui@gmail.com ou cumplimentando o impreso dispoñible no Facebook de Iacobus. Ata esta mañá contaba xa con 86 persoas anotadas.
Organizada por A Guarda e Caminha no marco das iniciativas conxuntas para a candidatura do estuario do río Miño a Paisaxe Cultural da UNESCO, o roteiro “Fortalezas do Miño” ofrece unha ruta interpretativa polos fortes de San Lourenzo de Goián (Tomiño), San Francisco de Lovelhe, Caminha e o Castelo de Santa Cruz, todas elas construídas durante a Guerra de Restauración portuguesa, no século XVII.
O percorrido será de 22 quilómetros e dificultade baixa. Un autobús sairá do Castelo de Santa Cruz (rúa da República Dominicana) ás 8:30 horas para levar aos participantes ata Goián. Na parroquia tomiñesa comezará o percorrido que chegará ata A Guarda, pasando por Vila Nova de Cerveira e Caminha, localidades onde será posible apreciar e visitar as fortalezas existes cunha breve explicación da importancia de cada unha delas.
Unha vez en Caminha, e tras a parada para o almorzo, os participantes tomarán o barco das 15:00 horas ata A Guarda, onde visitarán o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz. A hora aproximada de remate é ás 16:00 horas.
O custe de participación é de 5 euros por persoa, previa inscrición na Oficina Municipal de Turismo situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.
Os amantes da natureza e da cultura teñen unha oportunidade única para desfrutar do Monte Aloia. A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este sábado, 16 de setembro, un Roteiro Literario a través do Parque Natural.
Con saída ás ás 11.30h dende o aparcamento do Parque Natural do Monte Aloia, preto das antenas, a camiñada discorrerá pola capela de San Xián e o seu espazo adxacente, para baixar na procura da muralla, e visitar dous miradoiros, o do enxeñeiro Areses e o do castelo.
Tamén inclúe a Cruz do Aloia, que ofrece unha impresionante panorámica sobre o Baixo Miño e a fronteira portuguesa e, finalmente, a cama de San Xián, para terminar no mesmo punto que o do comezo.
O roteiro é de balde, pero cómpre realizar unha inscrición previa. Os interesados en participar na proposta deste sábado deben contactar co Concello de Tui no 986 60 36 25. Hai dispoñible un total de 50 prazas, da que 44 estaban xa ocupadas pouco despois de presentar oficialmente o roteiro. Crearase amais unha lista de agarda de cubrirse todas a prazas, por se se produciran baixas.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL