O grupo municipal da Marea de Vigo trasladou un documento ao Goberno local no que se recollen varias propostas en materia cultural. As propostas van centradas en eixos, o organizativo en canto á programación e re-programación de eventos de xeito participado polo tecido cultural, e o económico, xa que as consecuencias desta crise teñen unha grave incidencia tamén na cultura e especialmente no tecido cultural local, composto de moitas pequenas empresas que se veron abocadas á paralización total da súa actividade.
Marea de Vigo pretende, con estas propostas, a creación de sinerxias entre varios sectores que precisarán dun forte impulso cando se volva á normalidade, é por isto que inclúense propostas como “impulsar o encontro entre hostaleria, pequeno comercio e cultura, programando actividades de pequeno formato que xa teñen un longo alento na cidade”. Neste sendido, se propón dotar de contido económico, cunha partida extraordinaria e mediante concurso público, aquelas propostas que fomenten a contratación de artistas afincandas en Vigo.
A través dos orzamentos municipais, Marea de Vigo propón unha inxección económica directa de 300.000 euros para o segundo semestre de 2020 e de ata 600.000 euros para o exercicio 2021, pedindo especialmente que as partidas que por mor da crise do coronavirus non poidan desenvolverse neste 2020 non acaben sendo partidas non executadas e que vaian directamente ao superavit senón que mediante modificacións orzamentarias sexan dirixidas ao tecido cultural da cidade. De igual forma tamén se pide comprometer cara o 2021 unha duplicación do orzamento en acción cultural
Do mesmo xeito, Marea de Vigo propón habilitar un Consello Municipal da Cultura participado e cun regulamento que fomente o diálogo institucional co tecido cultural da cidade. “Non se trata de consignas baleiras nin tampouco novidosas: sempre foi tempo de colaborar, dende o Concello, coa rede de cultura local independente e creativa que habita, como pode, a nosa cidade. Mais agora ese debe ser un imperativo para o Concello de Vigo” matiza Oriana Méndez. “Non podemos permitirnos que, como aconteceu noutros ciclos de crise, sexa o grande esquecido por esta emerxencia sanitaria e pola consecuente emerxencia económica na que xa nos atopamos” conclue a concelleira.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL