As xefaturas de tódolos servizos administrativos da Deputación de Pontevedra recibiron esta mañá unha instrución, para apurar ao máximo a tramitación do pago de tódalas obrigas con provedores e empresas. A medida ten por obxecto colaborar ata o límite do que permita a normativa económico-financeira na liquidez das empresas e autónomos que realizan obras, subministracións ou prestan servizos á Deputación, xa que a crise sanitaria está a transmitirse á economía e á sociedade a unha velocidade inusitada, afectando tanto á actividade produtiva como á demanda e ao benestar dos cidadáns.
Ante a situación de emerxencia de saúde pública e pandemia internacional, o Goberno aprobou o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. A contención da progresión da enfermidade supón limitacións temporais á libre circulación xunto coa redución da oferta laboral debido ás medidas de corentena e contención. Estas circunstancias tradúcense nunha perturbación conxunta de demanda e oferta para a economía española, que afectará as vendas das empresas, xerando tensións de liquidez que poderían derivar en problemas de solvencia e perda de empregos se non se adoptan medidas urxentes de estabilización.
Unha das prioridades absolutas do equipo de goberno da Deputación de Pontevedra radica en protexer e dar soporte ao tecido produtivo e social para minimizar o impacto económico que esta crise sanitaria está a producir en toda a provincia. Mostra do anterior foi a Resolución Presidencial de medidas extraordinarias para a determinación da actividade presencial na Deputación de Pontevedra, na que o servizo de Intervención xa foi considerado como un dos servizos esenciais de presenza obrigatoria, co fin de que estes efectos negativos sexan transitorios e evitar, en última instancia, que se produza un impacto máis permanente ou estrutural en toda a economía.
A instrución supón todo un reto, pois a Deputación de Pontevedra xa é unha das administracións públicas que máis rápido realiza os seus pagos en toda España, segundo os indicadores do Ministerio de Hacienda. Os últimos datos publicados, correspondentes ao trimestre final de 2019, indican que o período de pago medio oscilou entre os 11 días, de outubro, os 7 días de novembro e os 9 días de decembro.
A presidenta provincial, Carmela Silva, afirmou ser consciente do desafío que supón reducir aínda máis estes prazos, pero sinalou que “a Instrución era necesaria diante do escenario aberto tralo decreto de alarma, que supón un cambio no modelo de traballo de tódalas administracións”. A presidenta insistiu en que aínda que todo o persoal da Deputación está a cumprir escrupulosamente coas súas obrigas, era necesario unha instrución específica no relativo aos períodos de pago, “porque estamos a falar dun asunto moi sensible e que afecta directamente á supervivencia do tecido produtivo da nosa provincia”. “Hai procedementos, dixo, que poden agardar porque agora hai unhas prioridades moi concretas e entre elas, sen dúbida algunha, está a máxima axilización dos períodos de pago”.
Finalmente, Silva insistiu en que tódalas persoas físicas ou xurídicas deben tamén esforzarse en presentar canto antes e correctamente as súas facturas e certificacións polos traballos executados, ao obxecto de que non sexa necesario reclamar documentación adicional e poder así apurar os trámites para que os pagamentos sexan librados coa rapidez desexable.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL