O Concello de Salceda presentou as XII Xornadas da Camelia, que se celebrarán os vindeiros 21 e 22 de marzo. Calcúlase que na mostra participarán unhas 75 persoas chegadas de toda a xeografía galega, Portugal e Asturias, que amosarán máis de 500 variedades desta flor de orixe oriental, que se estenderán ao longo de máis de 160 metros de exposición.
Lucía Pereira, concelleira de Turismo e encargada da xestión da mostra, agradeceu especialmente o traballo da Asociación de Xubilados e Xubiladas e Pensionistas de Salceda, pois sen a súa axuda sería imposible levar a cabo a mostra. A edil quixo facer extensivo o convite a participar aos centros de ensino, asociacións e outros colectivos, moitos dos cales xa confirmaron a súa presenza nesta mostra, que se ten convertido xa na de maior dimensión de toda Galicia. Apuntou tamén a concelleira que este ano as persoas e entidades que participen nas xornadas recibirán un agasallo moi especial, xa que está elaborado polos usuarios e usuarias de Avelaíña, colectivo que traballa con persoas con enfermidades mentais, do cal forman parte tamén veciños e veciñas de Salceda.
Ademais das máis de 500 variedades de flor que se poderán ver en Salceda, poderanse coñecer tamén outros produtos derivados da camelia, tales como marmelada, te, madeira ou aceite, que estarán presentes grazas á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que realiza unha labor fundamental no estudio e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor, e que cada ano ven participando na mostra de Salceda.
O domingo celebrarase ademais unha nova edición da feira de agricultura ecolóxica e mercado sostible, da man de Ekohuerta, con produtos reciclados e de segunda man, cosmética natural ou oficios tradicionais
A fin de semana complétase con diversos actos de programación cultural complementaria, como o concerto de Volta e Dalle o sábado ás 16:30 no acto de inauguración, ou a animación de rúa e os xogos infantiles o domingo ás 17:00 a cargo de Cóxegas.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, agradeceu o traballo de tódalas persoas e colectivos que fan posible a mostra. A alcaldesa aproveitou ademais para convidar a visitar Salceda durante esta fin de semana non só ás persoas amantes da camelia, senón tamén ás que se acheguen a desfrutar da programación preparada para toda a fin de semana, facendo que Salceda siga a ser referencia polo seu dinamismo social.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL