A Xunta lanzará o vindeiro mes de marzo e ata finais de maio a segunda edición do programa de visitas "Coñece Vigo", nesta ocasión con dez novos percorridos que volven a afondar na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade.
Despois de que na primeira edición do programa en 2019 se recibiran 5.000 solicitudes, completando todos os itinerarios, o goberno autonómico anuncia a renovación do programa turístico, “fiel a súa vocación de darlle aos vigueses a oportunidade de saber máis sobre a súa cidade”.
A programación inclúe así dez rutas cheas de segredos, guiadas e gratuítas, pensadas para os vigueses aínda que abertas a toda a sociedade. Espazos a través dos que entender a identidade viguesa e os eixos do seu deseño como cidade ou do seu crecemento económico. As inscricións abriranse proximamente na web de Turismo de Galicia.
A proposta de As Nosas Orixes, que inclúe ao Museo do Mar de Galicia, permitirá aos participantes viaxar ao pasado para profundar nas raíces castrexas e romanas da cidade; coñecer como vivían os antergos e asistir a unha demostración de artesanía tradicional de palla e silva, material co que se facían os obxectos da vida cotiá hai máis de 2.500 anos.
Os Xardíns de Vigo ofrecerá a posibilidade de coñecer moitas das variedades florais que agroman na cidade cunha ruta que incorpora dúas das zonas verdes de maior relevancia na urbe, os xardíns da Alameda e do Pazo Quiñones de León. O Vigo da Conserva descubrirá o vínculo entre o mundo da conserva e o Vigo de hoxe en día, achegando aos visitantes ao Museo de Anfaco para dar resposta a cal foi a orixe desta industria ou como era o Vigo conserveiro de hai 100 anos e ao Centro Tecnolóxico da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados.
E tratándose de vínculos co sector do mar, non podería faltar A Ría de Vigo, ruta pola que chegaron a cidade fenicios, celtas, romanos, normandos, piratas, turcos e ingleses; O Bouzas Mariñeiro e a súa lenda sobre o Cabaleiro das Cunchas; ou O Casco Vello e o seu nexo histórico co porto e actividade pesqueira.
Non podían faltar na nova programación As Illas Cíes, un dos arquipélagos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, para coñecer todos os detalles da flora, fauna e riqueza natural deste paraíso.
O Vigo do Século XIX, da man dunha guía moi especial caracterizada de Irene Ceballos, ilustre veciña viguesa á que lle debe o seu nome o Instituto Santa Irene e asemade esposa de Policarpo Sanz, ofrecerá aos cidadáns unha oportunidade única de coñecer a complexa sociedade desta época. O seu carácter conserveiro fixo que os persoeiros se servisen da arquitectura para reclamar a súa importancia na cidade deixando unha interesante pegada en Vigo, tal e como poderase coñecer coa ruta de A Arquitectura do Século XIX.
E por último, a Ruta Celeste que permitirá coñecer ao detalle todo o que rodea ao Real Club Celta de Vigo, a súa historia, os seus xogadores ou o seu museo.
Todas as visitas inclúen transporte en autobús ou en catamarán, como o que é necesario para participar en Coñece A Ría de Vigo ou As Illas Cíes, unha excursión que amosará desde o mar toda a actividade pesqueira e industrial.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL