Tui viviu o pasado martes un dos grandes momentos do seu Entroido. A recreación das festas de San Bartolomeu do ano 1978 realizado pola comparsa Cantos Somos foi a gañadora do desfile de comparsas. A agrupación levou, ademais, o primeiro premio en acompañamento musical pola súa emulación da orquestra Iberia. A súa tarde triunfal rematou cun terceiro premio na categoría de carrozas ao presentarse coa igrexa, o palco e o cruceiro de San Bartolomeu e outros elementos da parroquia.
A estrea da película Aladdin foi o tema elixido pola comparsa da Asociación Entroido de Pexegueiro, que foi a gañadora en carrozas coa súa creación dunha lámpada co xenio. Ademais foron os segundos na categoría absoluta e tamén en acompañamento musical.
O terceiro premio na categoría xeral foi para “Picoña por España” da Asociación Cultural En Loureiro Coma Sempre de Salceda que gañou tamén o segundo premio en carrozas. O premio na categoría de Fantasía foi Terra de Condes de Redondela cunha recreación inspirada no fondo mariño.
Miles de persoas ateigaron o martes de Entroido as rúas de Tui para presenciar este desfile de comparsas no que participaron finalmente un total de 12 comparsas que reuniron a preto de 900 participantes.
Premios categoría absoluta
1. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
2. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
3. Picoña Por España da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda
4. O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas
5. Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación Cultural Borralliño-Soutelo
6. A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de Cada Casa de Vincios
7. Comparsa Terra de Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes
Premios Carrozas
1. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
2. Picoña Por España da Asociación Cultural En Loureiro Como Sempre de Salceda
3. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
4. A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de Cada Casa de Vincios
5. Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación Cultural Borralliño-Soutelo
6. Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes
Premios Acompañamento Musical
1. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da Charanga Cantos Somos
2. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación Entroido De Pexegueiro
3. O Antigo Exipto De Tui (Os Faraóns De Tui) da Asociación Cultural Lembranzas Da Terra De Guillarei
4. O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas
Premios Comparsas Fantasía
1. Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa Terra De Condes
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL