A Deputación de Pontevedra aprobará este venres 21 de febreiro en Xunta de Goberno as novas bases de subvencións a entidades sen fins de lucro para apoiar o desenvolvemento de festivais de música e artes escénicas e de festivais audiovisuais na provincia durante o ano 2020. Os primeiros contarán con subvencións cun importe total de 150.000 euros mentres que a contía destinada aos festivais audiovisuais será de 130.000 euros, tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra.
En palabras de Carmela Silva, as axudas aos festivais de música e artes escénicas teñen como obxectivo “promover, fomentar e difundir as actividades teatrais e musicais”. Estes certames “deben ter unha duración mínima de dúas xornadas e contar cun mínimo de oito grupos”. Amais, “as propostas teñen que incluír na súa programación actividades paralelas de posta en valor da música galega ou do teatro así como promover a nosa lingua”.
Pola súa banda, os festivais audiovisuais que opten a estas subvencións deberán cumprir unha serie de requisitos. Deben levarse a cabo durante o 2020, ter una duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións e incluír na súa programación, como mínimo, cinco sesións ou un 10% de títulos de produción cinematográfica ou de dirección galegas. Amais, os festivais que opten as estas subvencións provinciais tamén han de levar un mínimo de dúas edicións consecutivas anteriores a esta convocatoria e incluír na programación actividades paralelas educativas ou formativas.
A presidenta do ente provincial puxo en valor a actividade cinematográfica e audiovisual que “conforman un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa comunidade”. Silva subliñou que “somos unha gran potencia audiovisual e estamos a recibir premios nacionais e internacionais. Polo tanto, ten que ser algo polo que apostemos moi seriamente”.
A Presidenta quixo lembrar que “nas últimas semanas aprobáronse tamén as bases de Musigal, para promover a música profesional feita na nosa provincia e en Galicia, por 614.000 euros. Tamén se aprobaron as de Pontegal, para favorecer que todos os grupos culturais, de teatro, de música, de performance... que non son profesionais poidan ter recursos para desenvolver as súas actividades, por 900.000 euros. Polo tanto, estamos falando que en menos dun mes estamos aprobando bases para promover a cultura por valor de 1,8 millóns de euros sen contar o resto de programas culturais propios que ten a Deputación”.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL