A nova edición do Galician Freaky Film Festival xa está na cociña. A organización do evento abriu o pasado xoves 13 de febreiro o prazo para inscribir traballos audiovisuais nesta cita que volverá en 2020 coa súa festa de vampiros, monstros, bechos, naves espaciais, mortos viventes e tódolos subxéneros imaxinables que conforman o fascinante mundo do cinema de serie B e o mundo freak. “O ano pasado non cabía máis xente na sala”, sinalaba Juan de Castro, director do certame. “Por iso nesta edición aumentamos un día máis o festival”. Así, o GFFF 2020 ampliará a súa proposta ata levala a catro xornadas que comezarán o 28 de outubro e chegará ata a noite de Samaín, o 31 de outubro.
O espírito do evento manterá os seus pilares fundamentais. Pezas dos xéneros máis clásicos do mundo freak, exposicións, performances, concertos, cervexa e unha Sala Videodrome que se converterá un ano máis no perfecto espazo para albergar o que xa é unha cita imprescindible para os amantes do gore, das tramas máis incribles e do rural freak galego. “Non se trata só de ver as pelis, sempre intentamos que o feito de achegarse ata a Videodrome sexa unha experiencia freak completa”, apunta De Castro.
Se o ano pasado foron máis de 200 as películas que se enviaron para participar no festival, este ano a organización pretende superar esa cifra. “Recibimos traballos dende USA, Francia, Irán e Países Baixos”, sinala Miriam P. Álvarez, encargada da produción do evento.
Todos aqueles interesados en enviar os seus proxectos para seres seleccionados poden consultar as bases na páxina web do Galician Freaky Film Festival e poderán facer a inscrición ata o vindeiro 27 de xuño a través de diferentes plataformas coma Movibeta, Clickforfestival, Clermont Ferrand ou o formulario propio que hai na web oficial do festival. Os organizadores anuncian máis sorpresas e, por enriba de todo, unha xenuína festa ao máis puro estilo friki.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL