O xa tradicional desfile de Entroido “Venres de Foliada” encherá as rúas de Tomiño na noite do 21 de febreiro, a partir das 21:30h no centro de Tomiño. Unha vintena de comparsas serán as protagonistas deste especial desfile, un dos máis multitudinarios da comarca. Por mor das obras de peonalización que se están a levar a cabo en dúas rúas do núcleo urbano, unha parte do percorrido habitual terá que modificarse. A saída será dende o Colexio Pedro Caselles, continuando pola Avenida Gondomar, e o remate, na mesma avenida, á altura da rotonda da Pedra.
Máis de 1.500 persoas chegadas dende distintos puntos da provincia, percorrerán as céntricas rúas tomiñesas. Entre as comparsas que formarán parte do gran desfile, hai varias de Tomiño, coma Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Ciklón. En caso de choiva, aprazase para o seguinte venres.
Por outra banda, a parroquia de Goián, celebra entre o 22 e o 26 de febreiro o seu particular Entroido. A tradición impregna esta festa, que aínda conserva un profundo sabor popular. A Asociación de Entroido de Goián, en colaboración co Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Goián, comeza a traballar tras o verán, coma cada ano, para poder ter todo a punto.
O de Goián é un entroido especial moi coñecido na zona pero non multitudinario coma outros, o que lle permite conservar o seu xenuíno carácter popular. Con “A pedida”, casa por casa, o sábado 22, arranca a festa. A partir das 9:30h, os veciños e veciñas acompañan ás bandas de gaiteiros percorrendo as rúas, casa por casa, co fin de recadar fondos, ou o que cada familia poida dar para elaborar a tortillada, a sopa e o cocido que se servirá en diferentes días aos participantes.
Domingo de carretillas, un dos días grandes, será o 23 de febreiro. Sobre o mediodía, celébrase o desfile de disfraces dos nenos e nenas, e pola tarde a Carreira de Carretillas, que este ano cumpre a súa décima edición. Tras as probas, cómense os exquisitos “torresmos”. Este día (se non fora posible, faríase o día seguinte no desfile de carrozas) contará este ano cunha gran novidade: catro cabezudos que se están confeccionando no obradoiro impartido por Elías Araujo, no Centro Goianés, sairán polas rúas de Goián, rescatando así unha tradición ancestral da vila. Segundo transcendeu, dous son personaxes de películas de debuxos animados, e outros dous, coñecidos personaxes de Goián.
O Martes de Entroido, día 25 de febreiro, servirase logo do gran desfile “A Sopa” de Entroido, gratis para todos os presentes e desfile de comparsas.
O adeus á Taíña, co Miño sempre de protagonista, será o mércores 26 para despedir un ano máis o Entroido, tamén con fogos artificiais. Durante as 4 xornadas, haberá animación musical con treboadas da zona e grandes verbenas.
Sábado 22 de febreiro:
• Ás 9.30h, os grupos “O Trebón dos Xidos” e “ Os Terribles de Tomiño” percorrerán as rúas da parroquia para facer “a pedida’.
Domingo 23 de febreiro:
• Ás 12.00h, desfile de disfraces dous nenos e nenas da parroquia.
• Ás 17.00h, Carreira de Carretillas, amenizada pola charanga “Vaya Panda”, con premios á mellor tuneada e aos mellores disfraces.
• Ás 22.00h, verbena coas orquestras “Estrellamar” e “Aramio”.
• Á 01.00h, premios aos mellores disfraces.
Luns 24 de febreiro:
• Ás 17.00h, baile infantil de disfraces. Centro Goianés.
• Ás 22.00h, Gran Verbena con “Xacobeo” e “Marbella”.
Martes 25 de febreiro:
• Ás 17.00, tradicional desfile de carrozas e comparsas pola Avenida Ordóñez.
• Ao remate do desfile, sopa entre todos os asistentes, tanto participantes como público.
• Ás 21.00 horas, verbena amenizada pola orquestra “Noche de Estrellas”.
Mércores 26 de febreiro:
• Ás 19.00h Tradicional Enterro dá Taíña, con pasarrúas e fogos artificiais. O torreiro de festas estará cuberto por unha gran carpa.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL