Co obxectivo de evitar a desaparición definitiva de Vulcano a moción que presenta o BNG de Vigo de cara o pleno deste mércores recolle a petición expresa de que a Autoridade Portuaria de Vigo e Portos do Estado se comprometan para asegurar o mantemento da actividade naval no estaleiro e que rexeiten a utilización da parcela de dominio público para outros usos. Neste sentido, Igrexas esixiu a inmediata renuncia do presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, ao se facer público que “mentiu con total descaro” ao asegurar que estaba pendente dun ditame do Consello do Estado sobre a continuidade da concesión de Vulcano. “A López Veiga xa non lle pedimos que cese no seu claro boicot a Vulcano senón que directamente marche. Que dimita ou que a Xunta de Galiza propoña o seu cese”, reclamou.
Após o compromiso recollido no acordo de investidura entre o PSOE e o BNG no Congreso en favor do sector naval galego, a fronte nacionalista demanda que este se concretice para o que reclaman que se declare “sector económico estratéxico”.
Tamén demandan a creación dunha tarifa eléctrica industrial galega, ou a constitución dun Instituto Galego de Crédito e Financiamento e dunha Corporación Industrial Pública Galega que, ao xeito do ICO e mais a SEPI a nivel estatal, permitan despregar unha “intervención pública decidida en favor da nosa industria” e apuntalar actividades como o sector naval.
O Bloque Nacionalista Galego levará ao Pleno municipal de Vigo unha moción na que demandan que Xunta de Galiza e Goberno español adopten medidas urxentes para asegurar a continuidade da actividade e do emprego nos estaleiros Barreras e Vulcano, e no conxunto do sector naval.
Na presentación da iniciativa, o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, subliñou o carácter “estratéxico” que para Vigo ten a construción naval e defendeu que con esta moción queren “alertar de que non se están tomando as medidas necesarias” para asegurar o seu futuro dunha actividade que chegou a representar 10 mil postos de traballo na cidade.
Na moción demandan que a Xunta promova a través de todos os medios legais ao seu dispor, “a intervención pública directa que permita facerse co control da maioría do accionariado dos estaleiros Barreras e Vulcano e garantir a continuidade da actividade e do emprego en condicións laborais dignas”. “Levamos moitos meses a preguntar porque en Vigo non podemos ter un estaleiro público ou semipúblico como existe noutras rías galegas e noutros ámbitos do Estado”, inquiriu o portavoz municipal nacionalista. Para o Bloque a intervención pública no naval é a única vía para garantir unha “saída de futuro e con estabilidade” que evite novas crises e unha “saída en falso e a moi curto prazo”.
Do Goberno galego as nacionalistas demandan tamén a posta en marcha do Centro de Reparacións Navais na Ría de Vigo, a convocatoria urxente da Mesa de contratación do Naval e que se aplique a Lei 4/10 de Fomento do Sector Naval de Galiza que, segundo Igrexas, a inacción do Partido Popular converteu en “papel mollado”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL