O recoñecido programa radiofónico Carne Cruda emitirase desde Bueu o vindeiro 16 de setembro nos exteriores do Centro Social do Mar, coincidindo coa xornada de clausura do Festival Internacional de Curtametraxes. O director e presentador do espazo, Javier Gallego ‘Crudo’, entrevistará a profesionais de recoñecido prestixio que se achegarán ata a vila para participar no FICBUEU 2017.
Carne cruda é un programa crítico e ácido cun gran contido cultural, que conxuga con activismo social, política, actualidade, humor e música. Así será tamén en Bueu, onde contará con actuacións en directo e conversas con diferentes convidados das que o público poderá gozar na rúa a partir das 19:45 horas. Como non podía ser doutro xeito, tamén haberá oco para analizar a décima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
O espazo emítese online tres veces por semana, tanto na súa web como na de eldiario.es, periódico dixital do que forma parte na actualidade. Con anterioridade estivo na grella de Radio 3 e da Cadena Ser, pero hoxe é unha proposta independente financiada sobre todo polos seus oíntes. En 2012 recibiu o Premio Ondas ao mellor programa da radio española e na actualidade conta cun gran número de seguidores nas redes sociais e na súa plataforma de podcast, que agora terán a oportunidade de poñerlle cara ás súas voces favoritas.
Carne Cruda xa estivo presente no FIC de Bueu en 2012. Naquela quinta edición, o público dedicoulle unha longa e sonora ovación á homenaxe que o programa recibiu no arranque da cerimonia de entrega de premios. Un recoñecemento que se materializou na proxección dun fragmento da película ‘Network’ -a miúdo utilizado no espazo radiofónico- que convida a berrar para desafogar a indignación.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL