O deputado no Congreso polo BNG, Néstor Rego, reuniuse este venres en Vigo co portavoz da fronte nacionalista na cidade, Xabier Pérez Igrexas, para dar conta do alcance do acordo de investidura subscrito entre os nacionalistas e o PSOE e que recolle importantes compromisos tanto para Galicia como para a urbe galega.
O propio Néstor Rego salienta “a mudanza que se produciu de Galiza no papel que xoga no Estado”. A presenza dun único deputado do BNG en Madrid fixo “desbloquear as solucións e moitas das necesidades e problemas que está a vivir o país e que o propio Goberno da Xunta de Galicia non foi capaz de facer en dez anos”.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, apuntaba que “a recuperación da presenza do BNG no Congreso dos Deputados ía ser un voto decisivo” e que garantiría “os intereses de Galiza e de Vigo”. Do mesmo xeito, o edil sinalou que “onde se ten que constatar que se ten en conta a Vigo e a Galiza é nos compromisos e decisións políticas”.
Unha das medidas principais é a gratuidade da AP-9. Con este acordo márcase unha solución temporal ás peaxes da AP-9, que viñan sendo unha dinámica de subas continuadas ata chegar a ser “insoportábeis, especialmente para o sector profesional do transporte e das empresas na medida en que encarecía os custos”, nas verbas do deputado nacionalista Néstor Rego. A AP-9 é unha das poucas autoestradas do Estado español que por decisión do Partido Popular e do Partido Socialista ten un periodo de concesión ata o ano 2048, prolongándose máis de 70 anos.
Para poñer freo a estas subas, o deputado recorda que o acordo asinado entre as dúas forza obriga “a que haxa como mínimo, un desconto do 100% para os usuarios recorrentes, é dicir, para aquelas persoas que fagan como mínimo dúas viaxes no mesmo día terán a viaxe de maneira gratuíta”. No referente ao tramo Vigo-Redondela, para o deputado é fundamental que se converta canto antes nunha zona libre de peaxes.
Nos últimos anos a atención ferroviaria estivo posta na liña de alta velocidade con Madrid, deixando esquecida a propia rede interior. É urxente compensar o déficit nas estructuras ferroviaria internas e traballar na modernización desa rede ferroviaria.
No acordo tamén se presta atención á crise industrial que sofre Galiza. Con singularidade á construción naval tanto na ría de Vigo como na ría de Ferrol. No caso da cidade de Vigo cunha situación moi grave, en concreto con Vulcano e Barreras.
Unha das demandas históricas do Bloque Nacionalista Galego en toda a costa galega é a rexeneración e saneamento das rías. Aínda que no acordo se trata singularmente a ría do Burgo, o deputado nacionalista afirma que denden o BNG “vamos prestar atención ese compromiso que establece o goberno con carácter xeral de saneamento e de atención á rexeneración das rías para que se cumpra coas medidas e cos proxectos que sexan oportunos en cada caso”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL