Catro citas deportivas, catro exemplos de solidariedade. Moaña remata o ano en plena forma. O quere amosar organizando unha serie de actividades nas que os valores do deporte permitan mellorar a vida da sociedade. Porén, dende o sábado 28 ata o vindeiro 30 de decembro desenvolveranse na vila morracense unha serie de eventos para recoller produtos de limpeza, hixiene ou xoguetes para as familias máis necesitadas nestas datas tan sinaladas.
A primeira cita terá lugar tanto o sábado 28 como o domingo 29 de decembro no campo Iago Aspas Juncal – O Casal co torneo que realizará o CD Moaña bautizado como “Patada Solidaria”. Ao longa das dúas xornadas, equipos de diferentes categorías inferiores participarán nesta competición que permitirá recadar xoguetes para as familias máis desfavorecidas.
Tamén este sábado 28 de decembro terá lugar o torneo de balonmán no Pavillón do Rosal. Esta disciplina deportiva terá tanto modalidade masculina como feminina dende as 09:30 horas ata as 20:30 horas. O obxectivo deste evento deportivo é a recadación de fondos para axudar economicamente ao clube de balonmán da vila morracense.
O domingo 29 de decembro o espírito olímpico encherá o pabillón do Rosal. Dunha disciplina consolidada como o balonmán pasamos a unha emerxente como o Basket 3x3. Os Defensores do Morrazo organizan esta actividade na que os asistentes poderán gozar dunha modalidade espectacular que estrearase nos vindeiros Xogos Olímpicos e que xa deixou grandes momentos nas dúas últimas edicións do festival O Marisquiño. A acción tamén comezará ás 10:00 horas.
O colofón a estas actividades deportivas do Nadal de Moaña terá lugar o luns 30 de decembro, tamén a partir das 10:00 horas, coa celebración do Torneo Fisgón de fútbol sala. O esceario volverá ser o pavillón do Rosal. Terá lugar dous torneos femininos de diferentes categorías inferiores entre os cales o obxectivo é acadar un bo número de produtos de limpeza e hixiene para familias en risco de exclusión social.
Estas actividades deportivas do Nadal contan coa colaboración do Concello de Moaña. O concelleiro de Deportes, Juan Parcero, destaca que todo o material que se recade durante estes catro eventos o xestionará os servizos sociais do Concello. Parcero afirma que nestas datas ademais das habituais donacións de alimentos, o que máis se demanda pola xente con máis problemas económicos son os produtos de limpeza ou hixiene persoal, elementos como compresas ou cueiros que son caros e que supoñen un importante desembolso para persoas en risco de exclusión social. Todos estes torneos solidarios son de entrada libre.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL