Para o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra este 2019 xa é un ano de récord. O CAAN vén de romper o seu mellor rexistro de adopcións de cans nun mesmo ano, que estaba nas 430 acadadas en 2016, porque no que vai deste 2019, xa se conseguiron un total de 457, unha cifra que incluso se espera que se incremente notablemente neste mes de decembro.
Neste senso, a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción porque desde o ano 2015 son xa preto de 2.000 as adopcións conseguidas, en concreto, 1.954. “É un dato moi positivo que nos anima a seguir traballando para darlles un fogar en condicións a estes animais. O CAAN segue mantendo a premisa coa que naceu hai seis anos: fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións”, explicou.
Os datos son especialmente positivos nestas últimas semanas e, concretamente desde que se puxo en marcha a nova campaña de sensibilización “Esteriliza, adopta”, xa que neste período acadáronse un total de 21 adopcións, cunha media de 2,6 por día. A meirande parte foron adoptados por particulares e, no que se refire a esta última semana, os cans e cadelas foron aos seus novos fogares en Forcarei, Lalín, Cambados, Vigo, O Grove, Teo, Meis, Cerdedo-Cotobade, Tomiño, Ponte Caldelas, A Estrada e ata localidade de Xermade (Lugo).
Nesta semana puido deixar o CAAN “Bertín”, que levaba os seus seis anos de vida no centro, onde entrara sendo un cachorro, e relévao como avó da canceira “Apro”, un caan que entrou no centro en 2014 sendo unha cría. Entre as adopcións destes últimos días destaca tamén o caso de “Liliana”, unha cadela que fora abandonada hai un mes en Ribadumia e á que o persoal do CAAN tivera que recoller cunha gaiola trampa debido á súa desconfianza coa xente. No centro reconducíuselle o carácter ata convertela nunha cadela tranquila e confiada. Foi adoptada por unha moza animalista.
Tamén hai que salientar o caso de “Almofredo, que foi adoptado o día 3 de decembro por unha moza comprometida co benestar animal e que ofrece de xeito habitual o seu fogar como casa de acollida para protectoras da Coruña. O animal será para o seu pai, xa que espera que lle poida axudar a superar a morte do seu anterior can, co que levaba vivindo vinte anos. Outro caso a subliñar é o dos irmás “Zasca” e “Zascón”, que foran abandonados en Meis en setembro e tiñan sarna. Recuperáronse no CAAN e foron adoptados xuntos por unha familia residente en Vigo. Amais, unha muller de nacionalidade inglesa levouse para o Reino Unido a tres cans, “Pirri”, “Bar” e “Inco” o pasado día 4. Esta muller soe difundir no seu país os cans do CAAN e ela mesma se encarga de levalos. Por último, o can “Mingo”, que entrou no pasado mes de novembro no centro, volveu ao seu concello de orixe, Tomiño, onde levaba abandonado tempo e era coidado polos habitantes dunha aldea. Un dos veciños botábao de menos e adoptouno para levalo de novo ao pobo.
O Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, dá servizo actualmente á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Nestes momentos, son 400 os cans e cadelas que se atopan nas instalacións á espera de ser adoptados. Na páxina web do centro , ademais de poder ver a todos os animais, pódense facer tamén todos os trámites relativos ás adopcións, que son gratuítas. Os cans e cadelas son entregados vacinados, desparasitados e esterilizados.
La Xunta de Galicia anunció que de esta forma la mitad de la comunidad pasará a tener algún tipo de protección
Fiscalía y acusación particular mantienen que la madre actuó "a escondidas", "unilateralmente", para apartar al niño del progenitor
El detenido había cambiado su aspecto físico y se hacía llamar por otro nombre. Se fugó en 2016 tras una importante operación contra el narcotráfico en Pontevedra
La Real Academia Galega premió a un colegio de Cangas, el CEIP de Espiñeira-Aldán de Cangas, por su trabajo sobre Luisa Villalta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL