Tanxugueiras inicia a xira de presentación no seu novo disco, titulado “Contrapunto” e que se pode escoitar en todas as plataformas dixitais. O grupo conformado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, acompañadas de Isaac Palacín ás percusións, seguirá mantendo a enerxía que desbordan en directo nesta nova etapa para a que deseñaron unha posta en escena moi coidada que se poderá ver por primeira vez este venres 29 de novembro en Mos e no Culturgal de Pontevedra este sábado.
O concerto no municipio louriñés será na Sala Rebullón, ás 21:30 horas. As entradas se poden adquirir na páxina web oficial do grupo (premer aquí). A xira inicial de presentación de “Contrapunto” continuará no mes de decembro con dous concertos en Celanova (5 de decembro) e Burela (14 de decembro) nunha aposta por descentralizar os eventos culturais e manterse apegadas e presentes no territorio do que emana a tradición musical que inspira ao conxunto musical. O último destes concertos iniciais será en Santiago de Compostela o 2 de febreiro.
Entremedias, Taxungueiras terá tamén outras actuacións enmarcadas en eventos culturais Este mesmo sábado 30, farán un “showcase” na feira de industrias culturais de Galicia, Culturgal, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra. O pase, de media hora, comezará ás 18:30 horas e terá lugar na carpa de actuacións da feira que se celebra no Pazo da Cultura. As Tanxugueiras estarán tamén asinando discos no “stand” de PlayPlan no Culturgal este venres de 12:00 a 13:30 horas, o sábado de 19:30 a 20:30 horas e o domingo de 12:30 a 14:00 horas. Ademais, o 3 de decembro o grupo actuará na entrega dos primeiros Premios Galicia de Turismo, que terá lugar a partir das 19:30 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e, ao día seguinte, tocarán na gala dos galardóns aRi[t]mar en Santiago de Compostela, onde tamén recollerán o premio á mellor música de 2018 pola canción “Que non mo neguen”.
Para esta nova etapa, as Tanxugueiras subiranse aos escenarios non só con ganas de pasalo ben e a enerxía de sempre que lles caracteriza, senón tamén acompañadas dunha posta en escena na que a iluminación ten un peso fundamental para achegar ao público ás historias que narran nas dez cancións que conforman “Contrapunto”. Un directo que busca que os e as espectadoras acompañen a Olaia, Aida e Sabela nun percorrido que comeza polas letras máis delicadas e íntimas do disco e que vai subindo de revolucións ata a máxima potencia que Tanxugueiras pode descargar no escenario. Así, o novo directo do grupo será tamén un bo exemplo de evolución musical que plasma o seu segundo disco, que contén un relato maduro, cheo de matices e renovador e no que as tres asumiron a súa definición artística e musical coa colaboración de Isaac Palacín.
“Contrapunto” é a visión máis persoal dun conxunto que aposta pola evolución da música tradicional pero partindo dende a recollida de letras populares. Con elas, Tanxugueiras fía cinco relatos, cada un coa súa cara e a súa cruz, nos que cantan ao empoderamento da muller, á deslealdade e á traizón, á liberdade política, á amizade, á vida, á liberdade de decisión, á crítica á ditadura ou ao desengano. O álbum está xa dispoñible nas principais plataformas dixitais para a súa escoita, mentres que en tendas físicas e online estará á venda dende este venres 29 de novembro. Pódese atopar á venda nos concertos do grupo e no propio stand de PlayPlan no Culturgal.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL