O debuxante bueués Luis Davila encherá o exterior do Centro Social do Mar de luz e cor o sábado 9 de setembro, a partir da media noite, na primeira xornada do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. O autor da sonada viñeta ‘O Bichero’ ilustrará e animará en vivo a fachada do edificio, elaborando e proxectando as súas creacións ao son dun concerto ofrecido pola Banda de Música Artística de Bueu.
Na xornada seguinte, o 10 de setembro, desenvolveranse actividades dirixidas ás e aos máis pequenos, como son unha sesión de contacontos e un espectáculo de maxia. O Mago Paco estreará no FICBUEU a súa nova proposta, O Cinematómago, protagonizado por un personaxe capaz de converter o cine en maxia. O ilusionista presentará distintos clásicos do cinema a través de intelixentes trucos, convertendo míticas escenas nun asombroso espectáculo en directo cheo de emoción e gargalladas. A actuación dará comezo ás 12 horas no Centro Social do Mar e a entrada ten un custe de dous euros.
O mesmo domingo, ás 18.30 horas, gozaremos duns Contos de Película no punto de encontro habilitado na sala de exposicións Amalia Domínguez Búa, con acceso de balde. Olalla González, mestra especialista en animación á lectura, achegaranos destacadas obras da literatura infantil que foron levadas á gran pantalla, como As bruxas ou Onde viven os monstros. A autora de Garavanciño e Chibos Chibóns desvelará algúns dos segredos dos libros que teñen inspirado exitosos filmes.
Actividades para toda a familia, arte urbana, conferencias, música ou gastronomía son algunhas das propostas que, entre o 9 e o 16 de setembro, ofrecerá o FICBUEU 2017 en paralelo a un ambicioso programa de proxeccións integrado por un cento das mellores curtas realizadas no eido internacional.
O FIC de Bueu arranca a edición do 2017 cunha imaxe totalmente renovada grazas ao ilustrador suízo afincando na vila, Marc Taeger. O suízo foi o autor orixinal do debuxo que posteriormente foi adaptado aos materiais gráficos polo estudio Simbolóxico, responsable habitual dos deseños do FICBUEU.
A imaxe que conmemora unha década do certame é a dunha cabeza na que non paran de xirar centos de pezas encaixadas nunha engrenaxe que se foi perfeccionando ao longo destes anos e que sempre está en marcha co afán de mellorar.
Con certa inspiración no filme ‘Tempos modernos’ de Charles Chaplin, o mecanismo representa tamén as ideas a bulir acotío na cachola e lémbranos a propia maquinaria do cine. No branco predominante, destacan algunhas pinceladas de cor, entre elas a agulla que apunta ao número 10. Ao tempo, dos ollos desta singular caveira sae un feixe de luz que semella a lámpada dun proxector, mentres que a tipografía feita a man retrotráenos a un traballo artesanal como é o do cinema.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL