Cada vez queda menos para que comece de novo o curso escolar e os cativos aproveitan as últimas xornadas de agosto para desfrutar ao máximo das súas vacacións. Para que non se aburran este fin de semana, deixámoste tres actividades que se celebran este venres pensadas para os nenos e nenas.
O espectáculo “A tropa do Doutor Milagre”, da compañía Inventi Teatro chega este venres á praza Antonio Palacios do Porriño. Trátase dunha representación onde os maiores e pequenos poderán probar de primeira man os productos do Doutor Milagre, que traerá todo tipo de remedios: para a alopecia, para a falta de ánimo, a apatía…
Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa. O obxectivo e lembrar aos vellos titiriteiros amblantes, cargados de labia e cachivaches inservibles.
Dirixida por Ernesto Padrón e estreada no 2014, a película “Maimiño e o espello máxico” conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar a súa familia da pobreza e se lanza á cidade xunto aos seus irmáns. Alí descobren que un enorme carballo encantado ten o palacio do rei na penumbra e sen auga, e que o soberano prometeu outorgarlle o título de marqués e darlle á súa filla, a princesa Denise, en matrimonio, a quen corte a árbore e abra o pozo.
O filme, o único de animación infantil feito en Galicia en galego, trátase dunha producción galego-cubana que chegará este venres á Alameda de Redondela ao abeiro da oferta da Rede de Dinamización Lingüística de Galicia. Un filme para toda a familia que incorpora na súa trama algúns dos valores más relevantes a trasladar na primeira infancia: a amizade, a xustiza social, o amor ou a importancia do esforzo para acadar os obxectivos.
O paseo da Foz, na Ramallosa, acolle esta fin de semana o Val Miñor Fest, dedicado á cervexa artesanal feita en Galicia. Porén, os máis cativos tamén teñen un espazo neste festival pensado para toda a familia. Este venres, ás 18:00 horas, celebra un obradoiro infantil de experimentanción sensorial.
A actividade estará a cargo de Cera de Colores, especializados na filosofía Waldorf e na arteterapia, e busca que os cativos desenvolvan as súas capacidades cognitivas a través da captación de estímulos sensoriais, nomeadamente con texturas e cores. Inténtase así estimular o proceso da memoria infantil e de desenvolvemento cognitivo, fundamental para potenciar a atención e a percepción, que máis tarde será unha ferramenta indispensable para razoar. O obradoiro é totalmente gratuito.
Dentro do Val Miñor Fest, celebraránse tamén un obradoiro de iniciación á esgrima, o sábado ás 13:00 horas, e un contacontos infantil a cargo de Xanotas e Leirotas coa historia de "O mundo animal", o domingo ás 12:30 horas.
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL