Este xoves 24 arrinca a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival ás 19:30 na Sala Videodrome, en Velázquez Moreno 44, nun dos laterais do mercado do Progreso. E como cada ano representa a cita ideal para todos os amantes do cine máis freak e que non soe ter cabida nos circuítos de festivais e nas salas máis convencionais.
Deste xeito, o GFFF, convértese un ano máis, nunha data imprescindible para os espectadores que desfrutan dos xéneros máis pulp e que se senten identificados con todo o que implicou a Xeración Xabarín.
O punto de partida para esta edición do Galician Freaky Film Festival correrá a cargo de Caspervek Ensamble que musicalizará en directo un dos clásicos imprescindibles do cinema de terror en xeral e do expresionismo alemán e as pelis de chupasangues en particular: Nosferatu, unha sinfonía do horror, a peza mestra do director F.W. Murnau e que está envolta en tanto misterio que a día de hoxe ninguén sabe onde se atopa o cranio do cineasta.
“Está composta tendo sempre en conta o aspecto performativo” –comenta, Brais González de Caspervek Ensamble– “os dous percusionistas e as dúas violinistas estarán enfrontados xerando unha especie de Caspervek bífido”. A inspiración para a peza ven directamente da música do expresionismo alemán e con matices do dodecafonismo e tamén das melodías e instrumentación do cine de terror.
Trala musicalización comezará a proxección cos dous primeiros bloques de curtas. O primeriro é Co cu torcido quedo, unha selección de seis curtas nas que se inclúen Lay Them Straight do canadiense Robert DeLeskie ou Lo siento mi amor do coñecido e recoñecido Eduardo Casanova no que é o seu primeiro traballo despois da longametraxe Pieles.
Tras isto chegará o momento do último bloque da primeira xornada: Animación freak, unha selección de curtas animadas con pezas de moitísima calidade e con moita representación internacional con pelis de México,Israel, España, Francia ou Bélxica nas que destacan La nuit des sacs plastiques de Gabriel Harel ou Cómo y por qué se ha esfumado Don José do israelita Moshe Ben Avraham.
Outro dos grandes atractivos do primeiro día do festival é descubrir a ambientación alieníxena que ten preparada o equipo do Galician Freaky Film Festival coma homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro. A Videodrome estará chea de ovos de xenomorfo e de varias sorpresas para todos os fans da saga iniciada por Ridley Scott no 1979.
Ademais, todos os visitantes poderán desfrutar das dúas grandes exposicións deste ano no GFFF. A primeira será a de Alberto Hortas, o máis grande representante galego no mundo da caracterización e os efectos especiais en cine e televisión e que ten traballado en pelis coma O espinazo do diaño, O laberinto do fauno ou en programas clásicos do frikismo universal coma Muchachada Nui.
A segunda, que ademais repite da edición anterior, será a expo de Josef Méndez o máximo expoñente vigués do Art Horror e que terá en exposición e venta cantidade do seu material tan característico no que representa os grandes clásicos do cine de xénero de terror dos 80 e 90.
En definitiva, a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, representa a mellor oportunidade para gozar en modo friki, vendo unha selección potente e moi actual difícil de atopar noutros certames, tomando algo ou achegándose á pintura e ás esculturas máis terroríficas.
O custo da entrada para esta primeira xornada que inclúe a musicalización en directo, os dous bloques de curtas é o acceso ás dúas exposicións e de 7 euros e pódese adquirir no despacho de billetes, aínda que tamén existen diferentes packs que inclúen regalos ou bonos para as tres xornadas do festival.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL