A paz ten as súas armas. A máis importante é a das palabras. Antonio García Teijeiro xoga con elas para dar forma a súa nova publicación, “Bicos e non balas”. O escritor vigués confecciona nesta antoloxía poética un canto non só á tan desexada paz, senón que é un libro de “poesía e esperanza” que volve ter como destinatarios aos máis cativos. A colaboración co Concello de Vigo permitirá que esta oda para vivir nun mundo mellor chegue a un total de 1.000 nenas e nenos de diferentes centros educativos.
Antonio García Teijeiro asegurou no acto de presentación do libro que a publicación xorde “porque non me gusta o mundo que estou vivindo”. Conflitos e populismos colapsan as noticias. “Bicos e non balas” aparece como a mellor medicina para aportar cordura, para tender pontes sempre necesarias. É unha forma de concienciar ao futuro da sociedade, aos máis pequenos. É o fai dende a poesía, unha poesía que como o propio autor destacou “fai de pedagoxía da paz”.
“Bicos e non balas” conta co verso de Antonio García Teijeiro. Unha das grandes firmas da literatura galega. A experiencia do escritor vigués mestúrase á perfección coas ilustracións de Bea Gregores, que preséntase nesta publicación editada por Galaxia como unha das grandes promesas da ilustración galega. “Foi unha experiencia preciosa”, comentaba agradecida esta artista que comentou que se baseou en grandes artistas como Picasso para ilustrar os versos de García Teijeiro.
Pola súa banda, Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, destacou que neste 16 de outubro, data na que se presenta este “Bicos e non balas”, a firma fai “unha aposta pola poesía e pola paz”. Castro fixo referencia a John Lennon cando dicía que habería que darlle unha oportunidade á paz. “A el seguro que lle gustaría este libro”. O director da Editorial Galaxia tamén quixo lembrar que no ano 2020 a editorial cumprirá 70 anos de vida sendo un dos motores culturais de Galicia.
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL