“O que arde” vai camiño de romper todas as fronteiras do cinema feito en Galicia e en galego. O filme de Oliver Laxe (1982) fixo que por vez primeira a lingua galega se escoitara no prestixioso Festival de Cannes e conquistou ao xurado saíndo con galardón. O terceiro filme de creador galego busca agora ao público e faino con éxito.
En tres días a cinta sumou 11.000 espectadores e continúa rachando récords ao converterse, segundo informa a súa distribuidora, “na segunda mellor estrea independente da fin de semana". Na súa rolda de presentación entre os espectadores, Laxe visitará este xoves os Multicines Norte, aínda que os pases están xa esgotados.
Segundo informan desde os cines independentes vigueses, o coloquio posterior a proxección do filme previsto para as 21:20 horas deste xoves marcou unha exitosa venda de entradas, esgotando todas as butacas dispoñibles. O director decidiu entón presentar o filme na proxección inmediatamente anterior, a das 19:40 horas, que tamén esgotou entradas.
“O que arde” achéganos ao lume que fascina, ao da vinganza política, ao que recalifica o chan ou fai baixar os prezos da madeira, pero sobre todo introdúcenos na vida dun pirómano, unha figura, que o director define como “demasiado abstracta e misteriosa, un saco no que se inclúen a todos os malvados do lume”.
Os espectadores poderán coñecer a Amador, un incendiario que tralo seu paso pola cadea regresa a casa, nunha aldea perdida nos Ancares lucenses, onde volverá vivir coa súa nai Benedicta, súa cadela Luna e tres vacas.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL