A Praza do Seixo e o Mercado Municipal de Tomiño acollen este domingo 29 de setembro unha nova edición do Biomercado, unha cita anual xa consolidada e que chega á súa quinta edición con 67 postos dedicados a alimentación saudable, produtos ecolóxicos e naturais e a artesanía e cun amplo programa de actividades con charlas, obradoiros, contacontos, pasarrúas e música en vivo. O obxectivo é poñer en valor e dinamizar o comercio local, fomentar a produción ecolóxica, a biocultura e o mercado de proximidade. “É unha pequena mostra de que o rural ten vida e unha vida alternativa, saudable, sustentable, respectuosa co medio ambiente... un tipo de vida que a xente demanda cada vez máis”, salienta a alcaldesa Sandra González.
Este ano o Biomercado conta con importantes novidades, como unha reorganización do espazo que permitirá non só mellorar a mobilidade de todas as persoas participantes, senón tamén dividir o mercado por seccións de interese. Deste xeito, no Mercado Municipal e nos seus soportais estarán arredor de 20 postos relacionados coa alimentación en fresco e con elaborados artesanais, mentres que na Praza do Seixo distribuiranse os bloques de cosmética natural; artesanía e vellos oficios; coleccionismo, antigüidades, reciclaxe e segunda man; e comida para levar.
Este ano a organización fixo, como asegurou Chao Quintana, de Rural Consulting, “un esforzo por facer unha selección rigorosa de todos os participantes” seleccionando para os postos soamente a aquelas persoas con certificado de Artesanía de Galicia no caso dos artesáns e artesás e con rexistro sanitario no caso dos postos con produtos alimentarios. Un esforzo que tamén se reflicte no programa da xornada, “con actividades para empezar a introducir aos nenos e nenas no mundo da transformación alimentaria e dando resposta á alta demanda que tiñamos de obradoiros para adultos”.
A quinta edición do Biomercado contará cun amplo programa de actividades para todas as idades que se iniciará pola mañá coa apertura dos postos ás 11:00 horas e que continuará ao longo do día (ata as 21:00 horas) con diferentes actividades lúdicas e formativas, obradoiros relacionados coa cociña e a gastronomía e música en vivo.
Así, as persoas asistentes poderán aprender a cociñar rápido e san, a cultivar cogomelos en pousos de café ou a facer pan e queixo nos distintos obradoiros que haberá durante toda a mañá e a tarde. Ademais, haberá interesantes charlas sobre temas tan importantes para a vida cotiá como o colesterol ou o control do peso na infancia. Demostracións de vellos oficios, pasarrúas e contacontos con Anxo Moure e o concerto en vivo e en directo de Llorente&Tribu “para rematar cun bo sabor de boca a xornada” serán outras das actividades estrelas da xornada.
Dentro desa “aposta que o Concello fai pola compostaxe”, como explica o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Deportes, Francisco Campo, o Biomercado contará cun posto do proxecto Revitaliza no que os mestres composteiros resolverán dúbidas e facilitarán información sobre o programa de compostaxe que se está a levar a cabo en Tomiño. Neste mesmo posto entregarase compost feito nos centros de compostaxes do Seixo e de Goián e todas as persoas interesadas poderán anotarse para ter un composteiro na casa ou para levar compost sen peneirar en momentos de excedente.
Durante o Biomercado tamén se celebrará a actividade ‘Móllate polos ríos’, unha limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega ao abeiro do Proxecto Ríos no que colabora Tomiño e a través do que os voluntarios e voluntarias recollerán residuos do río Cereixo. Toda a información e inscricións desta actividade en: https://tomino.gal/limpeza-simultanea-de-rios-2019/.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL