Co obxectivo de “recuperar a asistencia do público ao teatro tras a baixa afluencia” do pasado ano, o Concello de Redondela redobrará a súa aposta cun ciclo de seis representacións de primeiro nivel entre o 12 de outubro e o 15 de xaneiro. Pero a programación de outono e inverno, que ven de ser presentada este venres, vai máis alá. Humor, música folk e actividades infantís conforman unha “axenda diversa e transversal”, nas verbas da rexedora local, Digna Rivas, con máis de 30 actividades.
No apartado teatral, o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, fixo fincapé no esforzo municipal para apostar por unha programación “de calidade e en galego” . O ciclo “vive o teatro” comezará o 12 de outubro con “Fillos do Sol” de Contraproduccións e contará con “O Furancho” (2 de novembro, Ibuprofeno Teatro), “Elisa e Marcela” (30 de novembro, A Panadería), “Invisibles” (14 decembro, Redrum Teatro), “O Electo” (11 de xaneiro, Contraproduccións) e “Casa O Rei” (25 de xaneiro, Ibuprofeno Teatro).
Todas as representacións terán lugar no Auditorio da Xunqueira ás 20:00 horas. Co obxectivo de potenciar os espectáculos, existe a posible de adquirir un bono para tres representacións por 15 euros (fronte aos 21 que costaría adquirir as entradas de xeito independente).
Por terceiro ano tamén se celebrará o ciclo de humor “Na súa Tinta”. Desta vez asistirán Luis Zahera (3 novembro, 20:00h, 10€), Cándido Pazó (1 decembro, 20:00h, 3€) e Miguel Lago (19 xaneiro, 20:00h, 10€).
No apartado musical, volven grupos e solistas locais que, segundo explicaron Rivas e Boullosa, “non tiveron oportunidade de actuar na súa vila nos últimos anos” como Tatán “Chapeau” (7 decembro) ou Alberto Vilas (28 decembro). A eles súmase un ciclo de música folk que se desenvolverá entre o 28 de setembro e o 18 de xaneiro coas actuacións de Carapaus, Cantares do Brión, Arxe, Tanto nos ten, Xulio Lorenzo e Talabarte. Haberá tamén un ciclo de piano e concertos familiares coma o de Píscore co seu “concerto con fusión” (3 de xaneiro, de balde).
Precisamente no apartado familiar, os máis pequenos poderán desfrutar do seu particular ciclo de teatro infantil que terá lugar entre o 27 de outubro e o 12 de abril con sete obras. Trátase de “Peer Gynt” (12 de outubro), “A Galiña Azul” (17 de novembro), “Contos do recreo” (15 de decembro), “Patapatum” (26 de xaneiro), “A nena e o grilo máis aló” (2 de febreiro), “Mai Mai” (15 de marzo) e “Os golfiños e o xigante” (12 de abril). Todas as representacións terán lugar ás 18:00 horas cun prezo de 3 euros.
Por último, no campo da igualdade, destaca a estrea en Galicia do “Recital Literarias” con Isabel Blanco, Mariana Carballal e Silvia Penas. O recital terá lugar o 24 de novembro ás 18:30 horas, como véspera das conmemoracións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Terá lugar no Auditorio da Xunqueira e a entrade será de balde.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL