Co inicio da conta atrás do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que terá lugar entre o 9 e o 16 de setembro, comezamos a coñecer xa parte das actividades programadas e, entre elas, o fenómeno das series televisivas e máis a figura de Alfred Hitchcock a través de “Vertigo”.
Estreada en 1958, "Vértigo" foi definida como “cultural, histórica e esteticamente significativa” pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e está considerada como unha das mellores cintas de todos os tempos. No filme Hitchcock mergúllase nos problemas psicolóxicos do medo, a obsesión e a vertixe.
O visinado do filme terá lugar ás 19:00 horas do domingo, 10 de setembro, no Centro Social do Mar. Unha vez rematada, a película será analizada por Castro de Paz, experto na obra de Hitchcock que nos introducirá na complexa intriga psicolóxica do mestre do suspense, chea de simbolismos e lecturas múltiples.
Un día antes, no marco da xornada inaugural, que se desenvolverá o sábado 9 a partir das 11 horas cun concerto de bandas sonoras a cargo da Banda de Música Artística, o profesor José Luis Castro de Paz fará a presentación do ‘Noticiario Folk nº 1’, peza recentemente restaurada que achega a Galicia de 1932 a través de breves reportaxes sobre cultura, deporte, pesca, etc. Coa proxección e o relatorio “O cine republicano en Galicia: Ramón Barreiro e o noticiario Folk” ponse en valor o patrimonio audiovisual e a figura dun dos creadores da produtora de carácter republicano, que durante tres anos plasmou en celuloide as transformacións do país.
As conferencias continuarán na seguinte fin de semana con “Vivindo en serie. A ficción televisiva no mundo en que vivimos”, charla que se desenvolverá o 16 de setembro ás 12 horas no Museo Massó. A profesora Concepción Cascajosa abordará a capacidade para reflectir os tempos actuais que ten este produto cultural en auxe, que acadou un nivel de produción, interpretación e complexidade nas súas historias imposible de imaxinar hai un par de décadas.
Na mesma xornada, ás 18 horas e no mesmo espazo, impartirase a masterclass “Galicia e Portugal, producir cinema entre os dous lados da fronteira”, a cargo do recoñecido realizador e produtor portugués António Costa. O tamén director do Festival de Cinema de Avanca e membro do xurado internacional do FICBUEU 2017, exporá as motivacións e posibilidades para levar a cabo producións conxuntas, ao tempo que dará a coñecer os desafíos que poden proporcionar unha maior e mellor colaboración.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL