Valadares convértese un ano máis no escenario do Revoltallo. Non é unha cita máis, senón que trátase dun dos festivais pioneiros en Galicia. Un dos máis lonxevos. A música en galego e as actividades para toda a familia compoñen a proposta desta evento que terá lugar o venres 6, sábado 7 e domingo 8 de setembro. O festival cumpre os seus 26 anos de Vigo como o decano da cidade e tras nacer na década dos noventa dunha novidosa idea de incluír estilos tan diferenciados como o indie, o techno e o hardcore.
Seguindo a aposta pola música integramente en galego, este ano os concertos están compostos por dez grupos de estilos moi diferentes, unha mostra da evolución e diversidade do panorama musical galego nos últimos anos como o surf rock, o punk, o rock, a cumbia tropical ou o ska.
https://www.youtube.com/watch?v=wTxaayNeLjY
Logo de 26 anos de historia, os primeiros asistentes do festival xa teñen a necesidade dun ocio familiar. Por iso, esta cita replantexouse para que calquera que gozara das primeiras edicións nos anos 90 siga a facelo agora con outro pulso: poder compartir música galega de calidade con actividades para os máis cativos e obradoiros de formación musical para todas as idades nos diferentes espazos arredor das instalación do Centro Veciñal e Cultural de Valadares (O Pedregal).
A programación arrinca o venres, ás 21:00 horas, cando o primeiro dos dous grupos elixidos polo público, The Rapants, abrirá o festival. Seguirán ás 22:00 horas Collón de Lola, a banda tributo ao Xabarín Club falará bailar a todos os que pertencemos á xeración X. Xunto a eles, Liska!, banda de ska punk, formada entre finais de 2010 e 2011 en Vigo, encherán o escenario de música ás 23:15 horas co seu novo traballo “República 2.0.” para deixar paso ás dúas apostas emerxentes este ano, Los Jinetes de Trópico, ás 00:30 horas, coa súa cumbia, reggaeton antimachista e punk tropical e Lisdexia, ás 01:45 horas, que veñen dende Muros a presentar o seu punk rock en galego.
O sábado tocaralle inaugurar o escenario ás 21:30 horas ao outro grupo elixido polo público no primeiro concurso de bandas, Sniff and crash, e compartirán xornada cos grupos xa consolidados do entorno das Rías Baixas: dende Bueu chegan The Skarnivals (01:00). Esta banda de ska, punk e folk galega nada en 2012 parte do proxecto Skakeo. Ofrece uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo que serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. Colleitaron un enorme éxito ata ser referentes do ska galego xirando por toda a península.
O cartel complétano tres grupos locais: A polémica banda dos Bechuchos (22:30 horas), dende San Miguel de Oia, o grupo de rock punk vigués D’esmorga (23:45) e Demencia Sonora (02:15), grupo da parroquia de Valadares afamado polas súas versións personalizadas de grandes temas do rock.
Na nova configuración do Revoltallo hai espazo tamén para os máis cativos. A carballeira é o espazo destinado ás familias, que comeza a súa programación o venres, ás 17:30 horas, co pallaso Tururú e os malabares do seu “alter ego” RenaRenato, un show divertido para toda a familia.
É só unha pildoriña do que vai pasar o domingo, o día familiar. O mago Carlos Tomico fará as delicias dos cativos ás 17:00 horas, para dar paso a “Zona en obras”, o novo espectáculo cantacontos de Brais das Hortas. Cans palleiros que se converten en superstars, extraterrestres ou osos tristes. Esta proposta acompañará aos cativos dende as 18:00 horas os monicreques da Tribo das Concurbitas e as súas cabaciñas chegadas dende a Prehistoria, rematarán así o Revoltalliño deste ano.
Dentro da oferta do Revoltallo, o venres e o sábado á tarde tamén serán uns días para aprender: haberá diferentes obradoiros de percusión, dj, baixo, iniciación de efectos coa guitarra, música electrónica e canto. Serán nas instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, de balde e todos aqueles interesados poderán inscribirse ata o xoves 5 de setembro no mail radiovalladares@valladares.tvou no teléfono 986 467 053.
Unha cita imprescindible para despedir o verán festivaleiro na provincia de Pontevedra, totalmente de balde e once, coma leva sucedendo dende hai 25 anos, poderás escoitar por primeira vez ós grupos que van a estar no máis alto do panorama musical galego nos vindeiros anos.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL