Salceda de Caselas resístese a deixar de ser unha das capitais gastronómicas de Galicia. Tras a Festa dos Callos, o concello salcedense comeza a sétima edición da Ruta Pincho Folk, un percorrido que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 de setembro, ambos incluídos. Este itinerario estará composto por un total de 15 establecementos que estarán divididos en dúas rutas: unha os venres e outra os sábados. Nos locais serviranse petiscos ao prezo de 1,50 euros en horario de 20:00 a 23:59 horas.
Esta proposta de ocio en Salceda de Caselas vai moito máis aló da gastronomía. Ademais de gozar coa boa cociña, os pinchos terán banda sonora en directo. É dicir, na ruta de pinchos queda aberta a participación a todos aqueles gaiteiros, pandereiteiros ou músicos en xeral que desexen asistir e pasar unha boa noite de foliada en compañía da mellor cociña salcedense.
As clientes e clientes que degusten os petiscos en diversos locais entrarán no sorteo de premios como circuítos termais, lotes de produtos ou cheques en efectivo. Para elo terán que recoller as tarxetas de participación nos establecementos hostaleiros e ir cubríndoas en cada un dos locais visitados. Por outra banda, os locais optarán ao Pincho de Ouro elixido pola clientela e aportado por ACISA.
O proxecto organízase conxuntamente entre o Concello e o sector hostaleiro, para o cal se levaron a cabo diversas reunións dos hostaleiros con Verónica Tourón, concelleiro de Comercio, e Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura, encargados da coordinación do evento. O propio Rodríguez aproveitou para convidar aos diferentes grupos de música tradicional a participar no evento, consciente de que as diferentes iniciativas levadas a cabo dende o Concello orientadas aos colectivos de música tradicional están a conseguir sempre unha elevada participación, nun Concello especialmente dinámico e con un amplo e consolidado tecido asociativo sempre disposto a colaborar neste tipo de actividades.
Por último, a alcadesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeiras, definiu o evento como unha importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hostaleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostalería. A iniciativa do Pincho Folk foi prantexada dende o Concello fai xa sete anos e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL