Galicia continúa a situarse, tamén en verán, entre as comunidades nas que o turismo está a medrar de xeito máis intenso este ano. De feito, no mes de xullo foi a segunda, tras Asturias, con mellor comportamento, superando nun 7% o volume de noites nos establecementos regrados ao ano pasado.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo públicos este venres os datos referidos aos establecementos extrahoteleiros, que inclúen turismo rural, cámpings e apartamentos turísticos, que se suman aos de hoteis e pensións difundidos a semana pasada. Así, nese mes, estes establecementos recibiron no seu conxunto máis de 675.000 viaxeiros, un 6,7% máis que no mesmo mes do ano pasado, que fixeron máis de 1,7 millóns de noites. Son preto de 43.000 viaxeiros máis que hai un ano e preto de 118.000 noites máis.
A evolución foi positiva en todas as modalidades de aloxamento, cun incremento da demanda dun 7,2% en segmentos como o turismo rural, que recibiu máis de 29.000 viaxeiros que fixeron máis de 65.000 noites. Pola súa banda, máis de 75.000 turistas escolleron en xullo os cámpings galegos, rexistrándose máis de 319.000 noites, o que supón un incremento do 5,6%. Pola súa banda, nos apartamentos turísticos aloxáronse preto de 24.000 viaxeiros, que fixeron máis de 111.000 noites, cun incremento do 21%.
En xullo houbo máis viaxeiros, tanto españois como estranxeiros, sendo o crecemento máis intenso nestes últimos, con preto do 11% máis que en xullo do ano pasado. A estadía media tamén medrou, en concreto preto dun punto porcentual, acumulando así catro anos consecutivos de mellora da estadía media regrada en Galicia no primeiro mes do verán.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL