Salceda preparase para unha das grandes citas do ano. Por unha fin de semana, o municipio pontevedrés de 9.000 habitantes convertese na capital gastronómica da comarca coa Festa dos Callos. Xa van 27. Case tres décadas. A Praza do Concello acolleu este martes a presentación dun evento que comeza o venres, pero o día grande, o de degustar este típico prato da cociña galega, será o domingo 1 de setembro a partir das 09:30 horas.
A ración de callos para degustar na propia festa, incluíndo o viño, o pan, o prato e a taza conmemorativas, terá un prezo de 8 euros, podendo tamén levar os callos “en tarteira” a 6 euros a ración. Ademais, por terceiro ano, na festa servíranse tamén callos sen gluten para que as persoas celíacas non deixen de gozar do evento.
O showman Paco Lodeiro será o encargado de dar o pregón da festa o domingo, ás 12:00 horas. O pregoeiro que volverá a subirse ao escenario, ás 21:00 horas, para participar como vocalista na recuperada Orquesta Sur. Esta é solo unha pequena mostra do amplo abano de propostas culturais e de ocio que acompañarán os callos durante toda a fin de semana.
O evento gastronómico volverá contar coa colaboración de Coren e con Alejandro Alonso como o encargado de dirixir a preparación dos callos na mesma Praza do Concello. Precisamente, Alejandro confirmou que se prepararán 20.000 racións de callos, para as calles se empregarán 1.800 quilos de ventre de vacuno, 900 quilos de carne de pata de tenreira, 2.100 quilos de garbanzo remollado, 425 quilos de lacón e 350 quilos de chourizo galego, co seu sofrito correspondente, que sumarán un total de máis de 5.000 quilos de produto. A preparación dos callos comezará ás 01:30 horas para empezar a despachar ás 09:30 horas. Fernando Córdoba, director da unidade de negocio do grupo de Coren definía a Alejandro como un claro referente de esforzo, traballo, compromiso, dedicación e sobre todo achegado coa cultura galega.
Os callos estarán acompañadas por un tinto Sousón de Señorío de Rubiós. O presidente do grupo, Antonio Méndez, agradeceu á Corporación salcedense por darlles a oportunidade de presentar nesta exquisita festa o seu tinto da uva máis abundante de Rubiós, a variedade Sousón. Os tintos de Rubiós sempre foron famosos polo “retinto” que é variedade Sousón, constituíndo un 90% da uva producida en Rubiós. Contarán ademais cun stand que venderá outros viños da adega. Antonio destacou a importancia das festas locais para axudar a promocionar os tintos, que non sempre resultan doados de vender.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, agradeceu o traballo inmenso do concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, para sacar a festa adiante, así como o traballo e as gañas do equipo de goberno. A rexedora definiu a Salceda como a capital dos callos “por constancia, por traballo e porque as diferentes persoas que lles tocou nas edicións anteriores traballaron arreo”, falando dunha festa que foi medrando no eido turístico, con milleiros de persoas ao longo de toda a fin de semana e cunha Salceda que estará o máis fermosa posible para acoller a todas esas persoas.
Serán ademais os primeiros “callos en igualdade” dentro da campaña “Agresión off” con actividades toda a xornada establecendo a igualdade como un dos eixos fundamentais neste mandato, en palabras da propia alcaldesa Loli Castiñeiras, que quixo tamén realizar un agradecemento especial ás máis de 40 persoas voluntarias, protección civil e traballadores do Concello que a pesar de ser pouca xente botan unha man para que a Festa dos Callos saia adiante e sen cuxo esforzo sería moi difícil para un Concello pequeno como Salceda sacar adiante unha festa destas dimensións.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL