Conta atrás para converter á ría de Vigo nun plató de cinema. Vía Láctea Filmes presentou esta mañá a rodaxe da súa nova produción, “María Solinha”, que se rodará exclusivamente na provincia de Pontevedra e cun reparto galego. Máis polo miúdo, o filme da produtora con sede na cidade olívica iniciará a rodaxe o vindeiro luns, 19 de agosto. A gravación prolongarase até o vindeiro 20 de setembro tras pasar por diferentes localizacións como Redondela, Cangas ou a Illa de Toralla en Vigo.
Ao acto de presentación da rodaxe, que tivo lugar en Cesantes, asistiron ademais do seu director, Ignacio Vilar, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez, o director da Agadic, Jacobo Sutil, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, entre outros cargos institucionais.
A nova historia que Vía Láctea Filmes levará á gran pantalla arranca cando un afamado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha, unha viúva rica acusada de bruxería pola Inquisición e queimada na fogueira en 1621.
Solinha foi torturada e asasinada pola Inquisición polo cargo de bruxería, pero en realidade tras de si atopábase a alta burguesía que buscaba arrebatarlle os seus dereitos de presentación en capelas e freguesías. Hoxe, María Solinha é lembrada en Cangas máis como unha desgrazada reflexo do sufrimento dun pobo que como unha maléfica bruxa.
Os seus intérpretes serán os propios veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. Mais o teatro e a realidade comezarán a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar nas súas carnes os ecos da agresión que sufriu a María Solinha orixinal.
Entre o seu elenco, cen por cen galego, destacan referentes do cine galego como Santi Prego, Antonio Durán “Morris”, ou Mabel Rivera, entre outros.
O director da Agadic, Jacobo Sutil, detallou na presentación que este é un dos 17 títulos que recibirán axuda como resultado da convocatoria de 2019, dotada con dous millóns de euros para impulsar a realización de novas producións e coproducións de contido cultural galego para cinema e televisión. En concreto, esta produción recibirá unha achega de 195.171 euros da axencia autonómica.
Sutil incidiu, ademais, na oportunidade que Ignacio Vilar lles ofrece en cada novo proxecto ás novas xeracións galegas de intérpretes, como é o caso de Grial Montes –no papel da María Solinha do século XXI– e de Laura Míguez, á cabeza dun elenco do que tamén forman parte Santi Prego, Mabel Rivera, Antonio Durán “Morris”, Sheyla Fariñas, Fernando González, Alfonso Agra, Mela Casal, Fran Lareu, Melania Cruz e Jorge Varandela.
Pola súa parte, Carmela Silva fixo fincapé en que “un país non ten futuro se non ten cultura, se non ten cinema, se non apoia a creatividade e o talento” e engadiu que “dende a Deputación de Pontevedra queremos que a nosa provincia se convertan nun plató de cine, porque iso nos sitúa en Galicia, en España, en Europa e no mundo”. En relación á película, a presidenta provincial amosou a súa felicidade porque “falemos das nosas mulleres, de mulleres galegas, que falan da nosa historia, de todas nós e, neste senso, María Solinha é unha desas tantas mulleres que foi perseguida, violentada e finalmente asasinada”.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL