Todo preparado en Moaña para celebrar a que será a terceira edición da festa popular de Bronlle trala súa exitosa recuperación en 2017. Esta particular celebración na parroquia de Meira volve cun intenso programa de actividades que se desenvolverán ao longo de toda a xornada do xoves, 15 de agosto, festivo estatal.
A festa arrancará ás 11:00 horas, coa apertura oficial, aínda que ás 9:30 horas terá lugar un roteiro en Mountain Bike polos montes de Meira con saída e chegada en Bronlle. Ao longo da xornada, organizaranse diferentes actuacións musicais, de baile e de monicreques, amais do concerto de Xisco Feijóo Trío, nun marco incomparable como é a Carballeira de Bronlle.
O xantar desta romaría, que suma en cada edición a milleiros de persoas despois de recuperarse a tradición perdida nos 90, terá lugar ás 14:30 horas. Con todo, ao longo da xornada os asistentes poderán degustar polbo, churrasco, rosquillas ou ovos fritidos con pan de millo. Neste último caso, con carácter solidario, xa que se trata dun posto de Cáritas. Os que o desexen poderán asemade doar aceite, leite, azucre ou produtos de limpeza.
Pola súa parte, a rapazada desfrutará ás 13:30 horas dunha actuación folclórica infantil organizada por Meiramar Axóuxeres para, xa durante a tarde, participar nas diferentes xincanas infantís do Club Atletismo Samertolameu.
Para todos os públicos está pensada a obra de monicreques Dona Barriga Verde, de Larraitz Produccións, que comezará ás 18:00 horas. Trátase da historia dunha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmo demo.
Ao longo da tarde será tamén momento de foliada popular para rematar, ás 19:30 horas, co concerto de Xisco Feijóo Trío. Mestre na ETRAD de Vigo, acumula unha longa traxectoria recollendo pezas antigas do folclore galego.
A festa englóbase dentro da programación de verán de Días de Mar do Concello de Moaña, que se prolongará, con diversas actividades, festas e concertos até o 18 de agosto.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL