A cultura folk e celta danse cada ano cita en Moaña. A vila morracense festexa na última fin de semana o Festival Intercéltico do Morrazo, unha cita que afronta este sábado a súa terceira e última xornada. O evento camiña xa cara a súa recta final. Esta noite escribe o derradeiro capítulo dunha edición na que xa puxeron a súa banda sonora propostas como Habelas Hainas, Talisk, Kinnaris Quintet ou Tanxugueiras. O Intercéltico do Morrazo 2019 agarda polo morracense Anxo Lorenzo, un artista fundamental nesta cita imprescindible no estío, e pola irlandesa Sharon Shannon. O recital destes dous referentes comezará a partir das 22:00 horas no Palco Principal situado no Paseo Marítimo.
O Festival Intercéltico do Morrazo concede este ano un protagonista case total á muller. Non obstante, esta edición é especial pola presenza de Anxo Lorenzo, un músico da casa, un referente que esta noite (22:00 horas) presentará ao público asistente o seu novo disco “Vortex”. O galego estará arroupado pola súa banda e polos músicos irlandeses Blackie O’Connel e Cyrill O’Donoghe, que tamén colaboran neste proxecto. O moañés promete moitas sorpresas neste concerto no que haberá un percorrido polos seus anteriores traballos discográficos, un repaso que quentará ao público nas que serán as últimas horas desta edición do Intercéltico do Morrazo.
O peche do festival correrá a cargo de Sharon Shannon. A acordeonista, frautista e violinista irlandesa é un dos grandes nomes do festival que ten lugar en Moaña. É un referente do xénero, sendo quen de competir nas listas de éxitos cos fenómenos internacionais de estilos máis “mainstream” como o rock ou o pop. Revelación da música tradicional irlandesa da última década, Shannon sitúase como a artista que máis discos ten despachado, destacando polo seu acerto para combinar a música tradicional do seu país con outros estilos como o reggae, o cajún, o hip hop, a música escocesa ou a francocanadiense.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL