Do 18 ao 20 de agosto en Vilaxoán vivirá un ano máis de troula e boa música con máis de 25 concertos e actividades baixo o leit motiv do “festival das linguas”. Até o Festival Revenidas acudirán bandas de Galicia, Asturias, Madrid, Valencia, Cataluña, Madrid, Navarra e Euskadi, pero tamén de Arxentina, Hungría e o Reino Unido.
Esta mañá presentouse oficialmente o festival, que se enmarca dentro do roteiro dos “RíasBaixasFest” da Deputación de Pontevedra, e que achegará até Vilaxoán bandas con estilos musicais que van dende o ska ou o punk até o pop pasando polo hip hop ou o folque.
O festival “Revenidas 2017” contará con dous escenarios nun recinto pechado para os concertos de pago, o Escenario Mahou máis o Escenario Deleite. Ademais, o festival conta cun amplo espazo de acceso libre no entorno do porto, ao redor co edificio da Praza de Abastos, onde terán lugar as actividades de balde para todos os públicos. Haberá pasarrúas, música tradicional, acústicos e melodías para os e as máis pequerrechas da familia.
Convertido xa nunha referencia en Galicia pola súa aposta pola música feita en galego, dende o 2003 non deixou de medrar en canto a actividades e asistencia, chegando o ano pasado a 15.000 persoas.
Entre as bandas galegas actuará o grupo de rock and roll en galego Noite Fechada, ou Terbutalina, grupo procedente da costa oeste galega que é puro garage-punk festeiro. Na edición deste ano estará tamén o grupo produto da fusión de Los Chikos del Maíz e Habeas Corpus, Riot Propaganda, unha banda que continúa a liña profundamente crítica da música de ambos. Namentres que no aspecto internacional destacan os británicos de Skindred, que aglutina influencias do nu metal, o punk e o reggae, ou os húngaros Bohemian Betyars, expertos na mestura do violín e o folclore co punk e o ska.
Pola súa parte, durante a presentación desta mañá, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou a presenza de grupos como Bolboreta, De Vacas, Pupil·es ou Voodoo, catro bandas lideradas por mulleres. “Quero resaltar o importante papel das mulleres neste festival. No mundo da música hai moitas mulleres talentosas e por iso teñen que ter moita relevancia neste tipo de festivais, tal e como ocorre neste Revenidas 2017”, asegurou.
As entradas, que teñen un prezo de 35€ (45€ no despacho de billetes) polo bono dos tres días, pódense adquirir a través da páxina web do Festival e en puntos de venta físicos das catro provincias galegas. Amais, pódense mercar entradas para un só día por 20€ (25€ na taquilla).
Actividades paralelas de balde
Como de costume, o Revenidas tamén conta con diversas actividades paralelas aos concertos. Teñen lugar no entorno do porto, ao redor co edificio da Praza de Abastos, e son totalmetne de balde. Non faltará a tradicional sardiñada popular, amais de pasarrúas, música tradicional, acústicos e melodías para os cativos.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL