Nas Rías Baixas asistimos, sempre que o tempo o permite, a o espectáculo do solpor. Hai para todos os gustos. Vigo é un dos mellores lugares para gozar desa mestura perfecta entre sol e ría. Un dos espazos con mellores vistas da cidade atópase no Museo do Mar. Ese espectáculo que supón o atardecer terá a súa propia banda sonora co evento “Solpores do Museo”, un ciclo de concertos de balde no que os asistentes poderán gozar de actuacións como a de Joe Crepúsculo, Moon Cresta, Amaro Ferreiro, Baiuca ou Zenet.
O festival que mesturará este verán os solpores vigueses coa mellor música foi presentado este mércores 17 de xullo no Museo do Mar. A Xunta de Galicia é a encargada de por en marcha este ciclo de concertos que pretende transformar para sempre o estío vigués. No acto púxose de manifesto que o principal obxectivo de “Solpores no Museo é poñer en relevo os traballos de artistas locais, tanto emerxentes como consagrados, mediante unha programación transversal, que una a estes con artistas de traxectoria consolidada no panorama nacional. Trátase dunha simbiose exclusiva, que converterá ao Museo do Mar de Galicia nun inmellorable punto de encontro para os amantes de música.
O ciclo busca ademais dinamizar os espazos de lecer do Museo do Mar e contribuír así a xa extensa oferta cultural deste centro. Os concertos, que se desenvolverán no serán, terán como marco o solpor da ría de Vigo, unha estampa que gaña valor coa calidade arquitectónica do edificio do Museo do Mar, obra dos arquitectos César Portela e Aldo Rossi.
Os concertos celebraranse na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia a partir das 20:30 horas. O aforo é limitado. A entrada será de balde previa descarga da invitación na web oficial do evento, aínda que a última hora do mércores 17 a páxina aínda non estaba dispoñible.
O acto de presentación de “Solpores do Museo” contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro; a directora do Museo do Mar, Marta Lucio; os coordinadores do ciclo, Juan Rivas e Manuel Araújo; e os recoñecidos músicos galegos Amaro Ferreiro, Moon Cresta, Blusvai e Cora Velasco.
O festival constará de seis citas semanais que ocuparán o calendario dende a última semana de xullo ata finais de agosto. A primeira sesión será o mércores 24 de xullo e terá un acento marcadamente galego coa participación de Baiuca e Presumido, dúas propostas locais de estilo único.
O ciclo continuará o xoves 1 de agosto con Amaro Fereiro e Villanueva; o xoves 8 de agosto con Moon Cresta e Aurora & The Betrayers; o xoves 15 de agosto será a quenda de Soleá Morente e Budiño; o xoves 22 de agosto actuarán Joe Crepúsculo e Cora Velasco; e o festival rematará o xoves 29 de agosto con Zenet e Blusvai.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL