Prohibido aburrirse en Moaña. O concello do Morrazo vén de presentar a súa programación de verán -e que xa arrancou oficialmente coas Festas do Carme e o Morrasound o 12 de xullo- con máis dun centenar de actividades baixo o lema “Moaña, o teu mellor verán”. As citas, que se prolongarán case que até finais de setembro, contan con parada obrigatorias e históricas como o Intercéltico do Morrazo ou a XXV Festa do Mexilón, pero tamén con novidades como a Feira do Mel ou a recuperación do Festival de Rap. A programación divídise entre xullo e setembro, con especial atención ao programa “Días de Mar” que cubrirá boa parte do mes de agosto.
No campo das festas tradicionais, a do Carme vive esta mesma semana o seu día grande. O Martes, 16 terá lugar a procesión marítima (17h). As Festas de San Loureno e Santa Bárbara, en Domaio, chegarán entre o venres 9 e o 10 de agosto, namentres que Meira vivirá as da Peregrina entre o 9 e o 11 de agosto. O día 15, pola súa parte, será a quenda da Festa Popular de Bronlle. Xa en setembro, a Festa dos Milagres de Berducedo-Piñeiro terá lugar entre o 7 e o 8 de setembro.
No apartado musical, ademais do multitudinario Festival Intercéltico, que vive a súa edición máis feminina (25 a 27 de xullo), destaca a actuación de “De Vacas” o sábado 10 de agosto no Palco da Música. Uns días antes, o sábado 3 de agosto, estréase a primeira edición do festival “do sol e a lúa” no Monte do Con, que contará coa música de Ana Blanco & Paulino, María Faltri & Banda e Balea’s.
Tamén unha novidade será o concertó de “O Comboio Novo” no Eirado do Ferreiro, na Seara, o vernes 9 de agosto. Aínda no eido musical, este ano o Festival de Jazz de Moaña celebra a súa terceira edición no Parque da Xunqueira (13 a 14 de agosto) e o Concello recupera o Rap’n Moaña o 17 de agosto. Por último, no apartado máis tradicional repite o Festival Folclórico Virxe dos Milagres -que vai x apola vixésimo quinta edición- ou o Folclórico de Domaio.
Tamén continuará durante o verán o programa de visitas guiadas gratuítas impulsado pola concellería de Turismo. O sábado 20 de xullo terá lugar o roteiro “Mulleres da Historia de Moaña”, o 28 de xullo e o 18 de agosto “O Sendeiro da Fraga”, e o 3 e 31 de agosto será a quenda do roteiro “A intermareal de Tirán”.
Volverá un ano máis tamén o cinema ao aire libre dentro do programa “Moaña Son de Cine”, a Travesía a Nado do Fisgón, a XXXVII Bandeira Concello de Moaña ou o XVII Campionato de pesca recreativa.
No campo gastronómico, unha cita histórica e outra novidade. A histórica será a Festa do Mexilón que celebra vintecinco anos o domingo, 4 de agosto, no Patio do Colexio de Reibón. A novidade será a I Feira do Mel de Moaña, que se celebrará o domingo, 18 de agosto, nos Xardíns do Concello.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL