O Concello de Ponteareas celebra a segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas, que ten lugar do 3 ao 6 de xullo, con espectáculos teatrais itinerantes e funcións en escenario das máis variadas disciplinas coma circo, maxia ou monicreques e con compañías chegadas de Cuba, Portugal Madrid ou Galicia.
Os espectáculos itinerantes daranlle ambientación a diferentes puntos da vila nos seus percorridos con compañías como Projeto Ez, The Turre's Band ou EducaTeatro, e nos escenarios fixos haberá propostas como “Javi-Javichy”, “Raúl el Mago“ ou “Wilbur ”(entre outros), un elenco cun alto nivel artístico do que tamén forman parte as propostas galegas coma Trasno ou Mircromina Títeres.
Un ano máis o festival destacará porque nos números itinerantes será o público o protagonista tendo que vir disfrazado segundo sexa a temática.
O Festival arrancará este mércores 3 de xullo nos Xardíns da Xiralda, diante do Concello, ás 19.00h., cun espectáculo itinerante a cargo da compañía Proyeto EZ, de Portugal, co título “Dragonología, onde un doce dragón percorrerá as rúas de Ponteareas axudado polo público que deberá vir difrazado ben de dragón ou algunha personaxe de conto. Ademais o evento contará co acompañamento musical da The Turre's Band. O percorrido desembocará ás 19.30h. na Praza da Perillana para darlle o paso a Pistacatro, quen a cargo de Trasno ofrecerá un espectáculo de circo e humor.
Xa para rematar este primer día o dragón dará ás 20.30h unha nova andaina acompañada da The Turre's Band, que irá da Praza da Perillana até a Praza Maior.
O xoves tocaralle o turno a Javi-Javichy, El Malabarista de la Pista ás 19.30h na Praza de Bugallal, un dos mellores malabaristas de rúa quen coa súa obra mistura técnicas circenses e moita participación e humor. Ademais tamén teremos os itinerantes polas rúas e prazas ás 19.00h. e 20.30h.
O venres ás 19.00h. arrancará co espectáculo itinerante a cargo de EducaTeatro cunha ambientación circense, neste caso o público pode vir disfrazado de calquera personaxe do circo ou dos contos ou do que lle guste. Ademáis poderemos desfrutar dunha función de títeres a cargo da compañía Mircromina Títeres coa obra “A Familia unida” ás 19.30h. na Praza da Perillana, e tamén das maxias do Gran mago Raul de Cuba as 21.00h. na Praza das Pombas. O broche do día virá a cargo da Turres Band.
O sábado o Festival contará con “Os Porquiños van de Festa” de EducaTeatro para nos acompañar nos nosos percorridos polas rúas de Ponteareas. Ademais poderemos desfrutar do Mago Raúl ás 19.30h. na Feira Vella e na Praza Maior ás 21.00h. un dos mellores acróbatas cómicos a nivel internacional, o gran “Wilbur” que ofrecerá un espectáculo de acrobacia e humor, unha proposta impactante tanto na técnica coma no físico de importante sona. A festa de clausura será a cargo de EducaTeatro e os seus “Porquiños”.
Inclusivo e interactivo, a segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa fará que todo o público participe e se convirta nunha personaxe do mundo da ilusión grazas, unha vez máis, ao asesoramento de Luís Crespo de Teatro do Zurdo.
O alcalde Xosé Represas e o concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, reafirman o seu compromiso de ter unha programación cultural e de lecer estable coa que encher as rúas de cultura e, neste caso, de teatro e de animación coas que promover a creatividade e as actividades para desfrutar en familia.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL