A segunda temporada de FEST Galicia, a marca a través da que a Xunta está a promover o turismo musical sostible e de calidade, arranca este mércores día 3 no Resurrection Fest de Viveiro, o máis grande e internacional de todos os festivais galegos. Esta será a primeira das doce citas que forman parte desta iniciativa transversal, que en 2019 se desenvolve co lema Festivais que fan camiño.
Unha das citas musicais do ano en España, o Resurrection Fest, repartirá hard-rock este verán e abrirá o roteiro impulsado pola Xunta. Farao con Slipknot como cabeza de cartel, unha das principais bandas de metal do mundo, aos que se sumaron tamén Slayer, que darán o seu último concerto en España dentro da súa xira de despedida, e Parkway Drive, co seu único concerto en España.
Ademais, a marca da Xunta tamén lle dá soporte ao Chaos Stage, escenario onde este ano tocarán Dawn of Extinction, Inyourface e Arrhythmia, grupos gañadores do concurso RF Band Contest 2019 by FEST Galicia. Actuarán respectivamente o xoves, venres e sábado como parte desta décimo cuarta edición do Resurrection.
O calendario FEST Galicia 2019 estenderase ata setembro, incluíndo a PortAmérica, que se celebra dende este xoves e até o sábado en Caldas de Reis. Os asistentes poderán desfrutar de dous clásicos como Madness ou Andrés Calamaro, os principais reclamos dunha edición que inclúe tamén referentes actuais como Rozalén, Carlos Sadness, Sidecars e Depedro. Pero tamén haberá espazo para outros artistas máis emerxentes como Mon Laferte, Amaia ou Carolina Durante. En definitiva, artistas nacionais e internacionais cuxa música e podes escoitar nesta playlist, un pequeno aperitivo do que será PortAmérica 2019, un festival que este ano continúa coa sua decidida aposta gastronómica.
Completan a relación de eventos, que se benefician tamén da convocatoria de adhesión impulsada pola Xunta e dotada con 350.000 euros, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz, WOS Festival, Cantos na Maré e Caudal FEST, estes dous últimos como novas incorporacións.
Por outra parte, o stand de Fest Galicia funcionará como epicentro dunha serie de actividades e campañas de concienciación social e medioambiental. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron hoxe o recinto no concello de Viveiro acompañados dos organizadores da cita.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL