A Guarda celebra o centenario do que foi o primeiro museo arqueolóxico de Galicia, o MASAT, cunha mostra titulada "viaxando pola historia, cen anos do MASAT", que foi inaugurada onte e permanecerá aberta até o vindeiro 27 de agosto.
O museo, que conta con preto de 40.000 pezas nos seus fondos, serviu de impulso para as investigacións acometidas posteriormente noutros xacementos do noroeste da comunidade, a partir das cales contamos con numerosas testemuñas da cultura castrexa na nosa terra. Trátase de sacalos á luz e dalos a coñecer ao público en xeral; de que falemos todos, comezando polas pedras”, segundo explicou o arqueólogo comisario da exposición, Rafael Rodríguez.
A mostra “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” divídese en tres bloques temáticos, nos que se amosan a historia do museo, os obxectos das campañas arqueolóxicas levadas a cabo ata o 2016 e a función do Trega como “faro” de coñecemento da Idade de Ferro na nosa provincia. Na última sala da mostra recóllense varias pezas procedentes doutros xacementos da provincia, con mostras senlleiras de cada un deles, “para que comprendamos que o Trega e o MASAT foron moi importantes, e continúan séndoo, para un período cronolóxico e cultural como é a Idade do Ferro e a cultura castrexa no noroeste”, recalcou Rodríguez.
A exposición pode visitarse de martes a sábado cun horario de mañá de 12 a 14 horas e, xa pola tarde, de 19 a 22 horas. Os domingos e días festivos a mostra poderá visitarse en horario de mañá.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo destacar na inauguración a necesidade de preservar e potenciar cara ao futuro o legado deixado polos membros da Sociedade Pro-Monte, creadores do hoxe coñecido como MASAT. Este é, segundo o rexedor, “un elemento imprescindible do noso Trega” que neste ano celebra o centenario do seu museo cunha serie de actividades, entre as que Lomba distinguiu esta mostra, coa pretensión de “homenaxear e dar a coñecer unha das nosas institucións máis salientables”. O rexedor municipal agradeceu dun xeito especial o apoio prestado pola Deputación de Pontevedra para a realización desta exposición, que conta co financiamento da institución provincial a través do Plan Concellos 2017, e para a que cedeu un equipo de profesionais encargado da parte técnica, entre os que se atopa Rafael Rodríguez, comisario da exposición e coordinador do catálogo.
A nota musical da xornada viu da man do guardés Avelino Ferreira. Acompañado do seu oboe, foi o encargado de dar comezo á inauguración pasadas as 19 horas, coa interpretación da Cantata no. 156 de Bach. O mesmo músico puxo fin ó acto inaugural interpretando a peza do filme “La Misión”, de Ennio Morricone, para dar paso á apertura oficial da exposición ao público.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL