O verán non só é para os festivais de música. O cine tamén está presente na axenda estival. O máximo expoñente neste apartado é o FICBUEU, que presentou a imaxe da nova edición, un cartel co que convida a “descubrir grandes obras de pequeno tamaño”, tal e como apuntou o seu director, Manuel Pena. O cartel deste ano amosa un ollo inocente que, a través dunha lupa, espía a un grupo de miniaturas que están a filmar unha película. Trátase do instante no que as diminutas figuras que están rodando, fóra do alcance da vista, son descubertas e ampliadas a través da lente. Reflíctese, deste xeito, a metáfora dun certame cuxo obxectivo é poñer o foco sobre esas breves xoias cinematográficas que están ocultas, para que as e os espectadores as coñezan.
Ao mesmo tempo, “hai un xogo de miradas, unha reflexión sobre o acto de observar, que resulta central no audiovisual”, comenta Manuel Pena. Neste senso, establécese unha composición na que os tres bonecos situados fronte a cámara están vendo algo fóra de campo, alén dos marcos da fotografía, mentres que o camarógrafo mira a claqueta a través do seu instrumento de traballo, o ollo na lupa obsérvaos a todos e o público ve o cartel.
Atopámonos, unha vez máis, ante “unha coidada combinación de fondo e forma, imaxe e mensaxe, que cumpre asemade coa función de resultar chamativa e atraente”, a toda cor, renovándose pero mantendo o amarelo que xa actuara como tinta de referencia na identidade visual do ano pasado. Agora só queda agardar a descubrir se o photocall do FICBUEU 2019, que se celebra entre o 6 e o 14 de setembro, irá en sintonía coa escena representada no cartel.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL