O barrio histórico situado nas inmediacións do Mosteiro de Oia acollerá o vindeiro domingo 2 de xuño a visita dramatizada “6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas”, protagonizada polas persoas participantes no obradoiro de teatro veciñal e patrimonio organizado polo Concello e impartido pola Artística Teatro e Danza.
A función comezará ás 19.00 horas e incluirá unha serie de espectáculos das artes escénicas que se desenvolverán en localizacións emblemáticas do barrio como o Mosteiro de Oia, a Fonte de San Cosme e San Damián, a Praza da Centinela ou a Picota, entre outras.
Cada peza dramática estará interpretada pola propia veciñanza e tamén contará coa colaboración de diversos artistas como os bailaríns Andrea Soutelo, Daniel Rodríguez e Olga Cameselle, e os músicos Rubén Pastoriza e José Antonio Pérez (o “Vilas”).
A visita dramatizada ao Arrabal quere afondar no patrimonio material e inmaterial de Oia. A través dunha proposta innovadora e multidisciplinar, esta actividade tamén quere destacar a relevancia cultural do Camiño de Santiago, tendo en conta que este barrio forma parte do Camiño Portugués da Costa.
A programación do domingo completarase con postos de artesanía local que estarán instalados na zona durante toda a xornada do domingo, cun espectáculo infantil ás 17.00 horas e con cantos de taberna que comezarán xusto despois da representación teatral (arredor das 20.30 horas).
Para o desenvolvemento destas iniciativas o Concello de Oia ten solicitado financiamento á Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021.
Por outra banda, a Oficina de Turismo acollerá desde o sábado, e durante todo o mes de xuño, unha exposición de obxectos tradicionais relacionados coas distintas pezas teatrais que se representarán na visita dramatizada. Neste caso, se trata dunha actividade organizada pola Asociación Costa dos Castros e na que tamén se implicaron as persoas inscritas no obradoiro de teatro veciñal, as cales cederon obxectos da súa propiedade para a exhibición.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL