O Festival de Cans bateu na súa décimo sexta edición un novo e histórico récord de asistencia de público chegando ás 15.000 persoas durante os seus catro días de duración. Animado polo bo tempo que houbo na fin de semana, o público, diverso e interxeracional como en edicións anteriores, esgotou todas as sesións con entradas á venda, tanto das seccións a concurso como das actividades e das sesións paralelas. Seccións como FuraCans ou o Jalpón dos Oscar venderon todas as localidades días antes do comezo do festival. O sábado, o posto central da Asociación Arela vendera xa a primeira hora da tarde todas as entradas dispoñibles e esgotou ao final do día o merchandising propio do festival.
Ademais de coroar a novas e novos curtametraxistas que viviron emocións fortes e nervios na entrega de premios, a XVI edición do Festival de Cans deixou numerosos momentos máxicos. Ao coloquio matinal no Espazo Estrella Galicia co director Rodrigo Sorogoyen sumáronse por sorpresa o actor Luis Zahera e Leonor Watling, congregando a preto de 400 persoas na Leira da señora Alicia. Outro dos instantes especiais foi a aparición no escenario de Iván Ferreiro para acompañar a Wyoming y Los Insolventes nun Torreiro desbordado polo público.
Previamente, a colocación da estrela do Gran Wyoming no Torreiro fora xa un dos momentos estelares do festival. Máis de mil persoas aclamaron ao showman e actor ao berro de “Presidente, Presidente” mentres este facía un monólogo improvisado entre o numeroso público. Wyoming colocou a súa estrela xusto antes do concerto de Dakidarría, o máis multitudinario dos celebrados en sesión de tarde en toda a historia do festival. Ademais de membros do xurado, curtametraxistas, músicos e as persoas homenaxeadas deste ano, deixáronse ver por Cans un bo número de profesionais do audiovisual e actores e actrices moi populares que se mesturaron entre o público do festival como Tamar Novas, Marta Nieto, Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola ou Julia Juániz, montadora habitual das películas de Carlos Saura ou Víctor Erice.
Aínda que o festival acolleu o maior número de público o sábado, con cerca de 9.000 persoas ao longo de todo o día, tamén obtivo unha gran afluencia nos días previos na súa aposta por reforzar a súa programación entre semana. Os coloquios e as actividades matinais do mércores e o xoves estiveron cheas polas visitas de centros educativos e público xeral que se achegou a Cans. As actividades programadas no centro do Porriño o xoves pola tarde tamén atraeron a numerosas persoas, que gozaron do concurso de pintura rápida “Pintar o cine”, o showcooking Estrella Galicia de tapas de cine con Pablo Pizarro ou a nova sección de libros LendoCine, que tivo unha gran aceptación na súa primeira vez que se celebrou. O Círculo Recreativo e Cultural do Porriño acolleu tamén o xoves a pre-estrea de Eroski Paraíso, cunha sala repleta de público que regalou ao equipo da película unha das maiores ovacións da historia do certame. Ademais, calcúlase que máis de 2.000 persoas -sobre todo rapazas e rapaces- pasaron polo Parque do Río entre venres e sábado, consolidando definitivamente o espazo familiar Minicans.
No apartado musical, a actuación de Marlango na tarde do venres despachou en apenas uns minutos as 500 pulseiras previstas para acceder ao recinto. Outro dos grandes momentos foi a presenza en Cans de Paulo Furtado para a presentación do seu filme Fade Into Nothing e o concerto posterior de The Legendary Tigerman no que fixo vibrar ao público co seu directo apoteósico. Do mesmo xeito, o Invernadoiro e o Cuberto de Mucha do Peso consagráronse este ano como un dos espazos máis celebrados polo público, que gozou coas actuacións de Budiño e co novo espectáculo de Antón Reixa, Melancoholemia, que levantou unha enorme expectación e non defraudou ao público presente.
Entres os coloquios cómpre salientar os da Fundación AISGE, especialmente o dedicado aos vinte anos da serie Mareas Vivas, que contou coa presenza de Miguel de Lira, Camila Bossa, Isabel Blanco e Víctor Mosqueira. Un encontro no que, por primeira vez nun coloquio matinal, o numeroso público non puido acceder ao Baixo do Moncho por falta de espazo. En definitiva, a XVI edición do Festival de Cans converteuse na máis completa en contidos e na máis concorrida na historia do festival, superando os 13.000 espectadores do ano 2017, a cifra máis alta á que tiña chegado o festival ata o de agora.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL