En poucas palabras, por que as veciñas e veciños de A Guarda deben apoiar a súa candidatura nas eleccións municipais?
Creo que é un motivo sanitario, de conciencia e de futuro. Somos unha candidatura de homes e mulleres da localidade que queremos que o pobo mellore. Se o deixamos avanzar un pouco máis non é que estea enfermo e que imos ter que enterralo. O PSOE vén demostrando que a parte dos salarios non fixo nada. O PP é máis do mesmo co anterior, ou peor. E polo tanto, nós cremos que debemos ter unha oportunidade. Someternos ás críticas e aos acordos que queiran tomar.
No caso de ser alcalde, como imaxinas A Guarda dentro de catro anos?
Cen veces mellor que hoxe. Durante oito anos fun tenente alcalde e logramos que A Guarda non fora, polo menos, marcha atrás. Aínda están aí moitas das obras que fixemos. Creo que temos a capacidade suficiente para que a xente poida confiar en nós. Algúns cando falan de progreso parece que os que progresan son eles. Nós queremos que progrese o pobo.
Cales son os retos culturais que ten A Guarda?
Se te dixera, compañeiro, igual temos que estar falando dous meses. Eu fun concelleiro de Cultura e Deporte e creo que hai débedas pendentes. A Guarda precisa un gran auditorio. É unha vergonza que unha asociación invitou a un grupo de Vigo e desgraciadamente parte da orquestra tivo que tocar no pasillo porque non había espacio no escenario. Temos un viveiro de instalacións culturais que precisan instalacións adecuadas con perspectivas de futuro. A concellería de Cultura debería estar aí soamente para coordinalos, sen manipulalos nin usalos como se fai neste momento. Dende a concellería de Cultura unha persoa está poñendo aos seus grupos musicais, ao do seu marido e ao das súas amizades.
Como valora o goberno de Antonio Lomba?
Mellor non os valoro porque non teño referencias. Foi unha nulidade total e absoluta.
Formaría parte dun goberno de coalición e, no caso afirmativo, con quen?
Con aquel grupo con capacidade suficiente para poñer sobre a mesa un programa que nos convenza de que é a vía para ir cara adiante. Pero tamén dicir que cremos que temos a forza e preparación suficiente para encabezar un goberno.
A Guarda perde poboación dende 2011, como se debe afrontar este problema?
Hai varias alternativas. O primeiro é que o Concello asuma o problema. Os rapaces canto máis se preparan más rápido marchan. Non temos un espazo onde poder instalar empresas. É unha emerxencia que poidamos facer pequenos parques industriais onde poidan instalarse empresas de catro, cinco ou seis traballadores. Estamos nunha ponte industrial que vai de Porto a Vigo. Temos peso no mundo da pesca pero tamén temos praias de mar e río e o Trega. Hai que explotar a cultura e o turismo ao longo de todo o ano. Con eses compoñentes hai pobos que están dez veces mellor que nós porque souberon levalo adiante.
Debe enfocarse o modelo económico da Guarda cara o turismo?
Non. Temos que potenciar a pequena industria e o pequeno comercio. Hai que concienciar á xente que hai que comprar na tenda do barrio. A praza de abastos ten que ser un referente comercial para A Guarda. Non nos serven as grandes áreas comerciais. Hai que ter un comercio noso, propio, galego e guardés.
Aposta pola creación dunha Eurocidade con Caminha?
Por suposto, pero atendendo as nosas condicións. Tui ten unha ponte, Tomiño ten unha ponte e nós non temos nin un mal ferry. Pero o río Miño ten que ser un punto de unión. Temos que facer que sirva para camiñar, como fixo Jesucristo por riba das augas. Temos que lograr unha comunicación do día a día con Portugal.
Cal sería un bo resultado o 26M?
Arrasar, pero tamén sabemos gobernar cn grupo co que tiveramos coincidencia programática e non houbera puñaladas traperas.
E un mal resultado?
Que quedaramos como estamos agora, cun concelleiro. Pero penso que o pobo deuse conta que somos necesarios para evitar que haxa maiorías absolutas. Somos unha necesidade sanitaria para o pobo da Guarda.
Estará a saída sur do Porto nesta lexislatura?
Por suposto. Cando estivemos no goberno tíñamos unha opción que non se levou adiante por pelexas internas de distinto grupos políticos. A Guarda vai darlle solución dunha vez por todas a algo que merecíamos hai 15 anos.
Que proxecto lle ilusionaría a Celso Rodríguez?
Hai moitos. Temos a necesidade do auditorio. A necesidade dun gran pavillón deportivo que nos permita non ser referente en Europa por presumir dun pavillón que é histórico por ter caldeiros para recoller a auga do teito. Queremos un gran museo do mar. E quero recordarlle aos veciños que o mellor alcalde da Guarda, Manuel Álvarez, sempre dicía que o pobo non podía perder a conciencia de que o seu capital procedía do argazo -pola xente do mar- e do esterco -pola xente do campo-.
CONVERXENCIA GALEGA (C.G.)
1. CELSO JUAN RODRIGUEZ FARIÑAS
2. BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ
3. VANESA RODRIGUEZ MARTINEZ
4. RAMON GONZALEZ GONZALEZ
5. BRAIS CASTRO CIVIDANES
6. EMILIO JOSE PEREZ LOMBA
7. ANA LIDIA VERDE GONZALEZ
8. PAULA MARTINEZ VIAN
9. MANUEL ADROVER MARQUEZ
10. MARIA ROSA GONZALEZ GONZALEZ
11. REBECA JANUARIO MARTINEZ
12. MARIA DOLORES ADROVER BAZ
13. JOSE BENITO RODRIGUEZ VERDE
14. RAMON GONZALEZ GONZALEZ
15. NELSON GONZALEZ BAZ
16. PABLO GONZALEZ GONZALEZ
17. MARÍA PILAR CARRERA SAN MARTIN
Suplentes
1. MARIA LUCIA DOMINGUEZ COSTOYA
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL