En poucas palabras, por que as veciñas e veciños de Salceda de Caselas deben apoiar a súa candidatura nas eleccións municipais?
Porque son días de renovadas ilusións. Aínda que houbo un momento no que reflexionei se era tempo de cambiar a miña vida e dedicar os meus esforzos a miña familia, é certo que o proxecto de cambio e transformación de Salceda é tan ilusionante que ao final fixéronme saír adiante con este camiño de transformar o noso pobo. Aínda hai que consolidar o proxecto de Salceda que todos e todas soñamos. Por iso me poño a disposición da veciñanza para que poidamos seguir a traballar na Salceda de futuro. En resumidas contas, por compromiso, responsabilidade e ilusión.
No caso de continuar como alcalde, como imaxinas Salceda dentro de catro anos?
Temos as ideas claras e os proxectos definidos. E o que é máis importante, un equipo de persoas capacitado para seguir a traballar polo noso concello. Presentamos 20 propostas xerais para seguir a mellorar Salceda. Temos avanzado moito pero hai que facelo máis e mirar ao futuro con ambición. Nos próximos meses botará a andar o centro de saúde tras anos de batalla colectiva. Vai ser realidade nunha urbanización onde habilitamos un novo espazo para as persoas e onde o reparto de beneficios e cargas se reparte entre todos e todas. Temos a execución da segunda fase do Polígono da Devesa para que sexa un exemplo do urbanismo pensado para as persoas e substitúa ao que herdamos dos 32 anos do PP de especulación urbanística. Tamén executaremos humanizacións onde a mobilidade sostible, a accesibilidade universal e o medio ambiente formarán parte da recuperación dos espazos. Queremos executar a segunda escola infantil xunto ao novo centro de saúde. Continuaremos coas sendas fluviais no Landres, no Caselas e no regato da Meixoa. Tamén traballaremos no sanemaneto integral, quédannos 676 vivendas.
Cales son os retos culturais que ten Salceda?
Somos un pobo dinámico e cun tecido asociativo moi importante. A cultura para nós é un sector estratéxico para a economía e para a sociedade. No mundo da música temos un dos exemplos máis claros. Temos feito moitas cousas -Casa Castelao, Casa da Música...- e queremos seguir reforzando esa cuestión. Recuperaremos as antigas escolas unitarias e poñeremos en valor o noso patrimonio histórico como coa humanización da Praza Galán y García Hernández ou recuperando espazos de fontes, cruceiros e lavadoiros. Queremos converter o centro de saúde nun centro cívico e comunitario para as asociacións. Tamén seguiremos apoiando o deporte.
Como debe facer fronte Salceda á xeración babyboom?
O PP e o PSOE decidiron botar abaixo a aprobación inicial do PXOM e do plan parcial da área industrial do Cerquido. Foi unha decisión que fixo perder a Salceda entre 10 e 15 anos. Cremos que estamos nun espazo xeográfico privilexiado e hai que aprobar as potencialidades. Espero que nesta lexislatura poidamos negociar e dialogar de xeito eficaz e coherente para gañar o tempo perdido, sempre dende a defensa do ben común.
Para evitar ese bloqueo, optará por un goberno de coalición?
Movemento Salceda é garantía. Somos xente na que confiar e temos as cousas claras. O que fagan outros, neste caso o PSOE decidiu non acompañarnos nesta lexislatura tras oito anos traballando xuntos e, o que é mais grave, facer pinza co PP en temas estratéxicos nun intento de acosar e illar ó goberno municipal. E despois o PP orquesta dende hai tempo unha campaña de derribo. Nesta última fase, tras fracasar nos seus intentos por volver ao goberno municipal, intentou derrubar ao goberno empregando as denuncias xudiciais. A Fiscalía arquivou a denuncia por prevaricación contra min. Tamén arquivou a denuncia por suposta malversación de caudais públicos cara a Tere Pérez. Xa na última fase, o PP eríxese en representante dos traballadores do Concello e inicia o suposto conflito coa complicidade dunha parte dos traballadores. Todo o mundo debería saber que somos nós os que estamos a sufrir acoso e persecución. Se alguén tiña dúbidas, hai dous traballadores municipais que van nas listas do PP. Lexítimo pero clarificador. Non todos os traballadores están nesa estratexia, pero unha parte si, liderados por dous dos funcionarios que neste momento están a devolver cartos públicos porque cando o seu irmán, Joaquín Núñez, concelleiro de Facenda PP dende o 1999 ao 2007 e número dous actual, fixo incrementos exponenciais irregulares, sen procedemento legal, cos seus dous irmáns funcionarios. Un desfalco detectado polo Consello de Contas. Esa é unha das claves de fondo. É curioso que en doce anos ningún traballador denunciou nin ao alcalde nin aos concelleiros. Os traballadores municipais non poden formar parte dunha estratexia de derribo dun goberno democrático escollido pola maioría dos veciños e veciñas.
Teme que lle afecte ese conflito laboral?
A inmensa maioría da cidadanía ten claro esta campaña de acoso do PP. Todos nos coñecemos nos pobos pequenos. Creo que vai primar a responsabilidade de ter un goberno que resolve os problemas do día a día e ten unha visión estratéxica formado por persoas responsables que antepoñen os intereses comúns por riba de calquera outro. Si solicito que nesta campaña electoral que aquelas persoas que votaron a outras candidaturas reflexionen porque o PP ten demostrado que quere chegar a toda costa ao goberno tras 32 anos de goberno. O adversario político de Salceda é o Partido Popular.
A candidata socialista asegura que Marcos Besada “se di progresista cando é conservador”...
É unha opinión moi respectable pero que responde bastante pouco á realidade. Somos un goberno serio que ten dúas variables claras: o concepto de esquerda plural en todas as súas sensibilidades -e as nosas políticas van implementadas para favorecer os intereses da maioría social- e tamén a nosa condición de galegos e galegas. O noso traballo en Política Social e en políticas de Emprego así o demostran. Que Verónica Tourón fale de conservador cando pacta en tres ocasións que non se pague aos proveedores e autónomos que traballan para o Concello deixa ver ás claras que as súas palabras non responden nin á coherencia nin á realidade.
Apuntaba ao comezo desta entrevista a un proceso de reflexión persoal sobre si presentarse. Son estas as últimas eleccións de Marcos Besada?
As decisións tómanse nos contextos axeitados. Neste momento no único que penso é en gañar as eleccións do 26 de maio para continuar co proxecto de cambio da Salceda que soñamos. O que pase no futuro se decidirá no futuro.
Que sería un bo resultado?
O resultado óptimo para Movemento Salceda, e máis beneficioso para Salceda de Caselas, é que academos un amplo respaldo electoral que nos permita, sen ataduras, continuar con maior rapidez os proxectos que temos en mente.
E un malo?
Sería perder esa posición maioritaria no goberno municipal, que ademais creo que pasaría polo regreso do PP que tanto dano fixo durante moitos anos. O regreso daquela Salceda da corrupción, da especulación urbanística, do amedrentamento ao discrepante, do goberno para os amigos e do enchufismo.
Que proxecto lle ilusionaría a Marcos Besada?
Que difícil. O proxecto sen dúbida sobre o que máis esforzo dedicamos é o centro de saúde que está xa en construción. A partir de aí, o proxecto máis importante debería ser o desenvolvemento de urbanización do Polígono 2 da Devesa que é onde está ese centro. É o proxecto estrela xunto a intentar lograr o desenvolvemento dun espazo empresarial no Cerquido. É un espazo con vocación empresarial que hai que ordenar. Seguiremos a traballar para que as iniciativas empresariais non se vexan obrigadas para ir a un concello veciño ou para o norte de Portugal.
AGRUPACION DE ELECTORES MOVEMENTO SALCEDA 2019 (MS)
1. MARCOS DAVID BESADA PEREZ
2. MARIA DOLORES CASTIÑEIRA ALEN
3. ALEJANDRO RODRIGUEZ CANOSA
4. MIGUEL GONZALEZ GONZALEZ
5. LUCIA PEREIRA GONZALEZ
6. JAVIER ALONSO PEREZ
7. MARIA TERESA PEREZ GONZALEZ
8. CARLA MARIA PEREZ PEREZ
9. OLAYA ESTEVEZ NOGUEIRAS
10. RODRIGO VILA GONZALEZ
11. CRISTIAN NUÑEZ RODRIGUEZ
12. PAULA NOGUEIRAS SOLIÑO
13. FORTUNATO ALVAREZ GONZALEZ
Suplentes
1. OSCAR GONZALEZ ESTEVEZ
2. NELIA BRUÑA SANCHEZ
3. SANTIAGO LORENZO OJEA
4. LUIS NOGUEIRAS RODRIGUEZ
5. MARIA BELEN ALVAREZ ALVAREZ
6. MARIA INES CURRO FERNANDEZ
7. JESUS RAMIREZ GONZALEZ
8. MONICA LEMOS VALCARCEL
9. MANUEL GIRALDEZ NOVOA
10. JOSE LUIS GONZALEZ RODRIGUEZ
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL