En poucas palabras, por que as veciñas e veciños de Redondela deben apoiar a súa candidatura nas eleccións municipais?
Vimos traballando con rigor, seriedade e credibilidade propoñendo iniciativas de cara á veciñanza de Redondela tendo en conta, en primeiro lugar, que hai que humanizar os núcleos urbanos de Redondela e Chapela, facendóos menos agresivos. Hai que intentar reducir o prezo da vivenda e, por último, que as parroquias dispoñan dos mesmos servizos que o núcleo urbano. Todo tendo en conta que estamos no cruce de camiños entre Vigo e Pontevedra e temos moitas potencialidades por explotar.
Como imaxinas a Redondela de dentro de catro anos se logras ser alcalde?
A medio prazo a Redondela que propoñemos ten que ser moito máis participativa, cun movemento asociativo e cultural que é moi potente pero ten que ter reflexo na vida municipal. O orzamento debe ser realmente participativo e debaterse co movemento asociativo. E impulsaremos dinámicas culturais e asociativas nas parroquias. Non pode ser que se centralice todo nos cascos de Redondela e Chapela. O 50% da poboación está nas parroquias e hai equipamentos como saneamento e traídas de auga que non reciben apoio do Concello.
Cales son os retos culturais que ten Redondela?
Un dos primeiros retos é poñer freno ao desmantelamento da actividade cultural en Redondela. Dende que Javier Bas é alcalde diferentes festivais e movementos culturais están desaparecendo. Todos sabemos que Redondela en Curto desapareceu por interés propio do PP de facer desaparecer iniciativas de carácter cultural. Propostas como Artelixo ou o Festival de Títeres teñen que ter un pulo. Queremos constituír o Obradoiro do Títere como polo de creación de industrias culturais.
Cales son as vosas expectativas?
O que nos transmite a veciñanza e que hai confianza en que imos ter unha suba importante. A xente veu o noso traballo serio, coherente e rigoroso non só no Concello, senón tamén a pe de rúa.
Que sería entón un bo resultado?
Xa que fomos quen de liderar a oposición durante estes catro anos creo que podemos liderar un goberno multicolor en Redondela. Todos os grupos imos ter que chegar a acordos, ceder parte das nosas pretensións e queremos estar en disposición de ter unha posición privilexiada.
E un mal resultado?
Non o barallamos. Non temos esa cuestión en mente. O mal resultado é o que se produciu nos últimos anos. O PP goberna moi en minoría. Iso é un mal resultado para Redondela.
Con quen pactaríades?
Evidentemente tivemos acordos cos grupos que hoxe estamos na oposición. En Redondela hai unha distorsión democrática. A oposición representa 3.000 votos máis que o Partido Popular. Non imos negociar nin con PP nin con Ciudadanos. Co resto dos grupos hai moitas coincidencias poñendo enriba da mesa o interese dos veciños e veciñas.
Teme a fragmentación do voto?
No bloque de dereitas hai tamén certa fragmentación. De feito quen lidera Ciudadanos liderou no seu momento o PP. Con esta fragmentación da esquerda xa xogamos no pasado, non é novidade. Para nos é incluso positivo que haxa gobernos multicolor, que é unha mostra de pluralidade.
A Autoridade Portuaria plantexou a posibilidade de converter o Cargadoiro de Duchess en Rande nun depósito de contedores, que opinión lle merece?
Foi un problema creado pola Autoridade Portuaria de Vigo coa conivencia do alcalde de Redondela, Javier Bas, que forma parte do seu Consello e calou cando se puxo enriba da mesa esta proposta. Levamos unha moción ao pleno para que se posicionara en contra desta base de contedores. Se vai adiante vai a poñer en grave risco a explotación con respecto ao entorno da Enseada de San Simón. Non se pode permitir.
Será posible rematar coa peaxe da AP9?
É unha discriminación para un dos concellos máis afectados pola autoestrada e pola súa propia ampliación. Como primeira moción do BNG foi a eliminación da peaxe hai case catro anos. O alcalde de Redondela soamente facía de escudo desmobilizador da tensión que había. Se se houbera loitado de verdade a ampliación se habería rematado doutra maneira. Agora, dun xeito oportunista, pretende abandeirar a eliminación da peaxe pola que estivo calado catro anos. Imos a impulsar todas as propostas para que a peaxe se elimine dunha vez. É un trato discriminatorio aos veciños e veciñas.
Como solucionar o conflicto co transporte metropolitano e nomeadamente con Vitrasa en Chapela?
Non se pode poñer o acento en localismos absurdos que non levan a ningures. Os veciños de Vigo e Redondela e da área metropolitana queren que todas as forzas políticas cedamos en pro dun beneficio común colectivo. Hai un problema co transporte metropolitano e coa área, pero as esixencias da veciñanza é que cheguemos a un acordo.
Está polo tanto a favor de reactivar a Área Metropolitana...
Por suposto. Historicamente o BNG impulsou no seu momento a Mancomunidade e a creación da Área Metropolitana porque hai moitos beneficios para 500.000 millón de habitantes. Imos traballar para que a Área Metropolitana sexa dunha vez unha realidade. O transporte metropolitano é crucial.
Que se pode facer para acabar co macrobotellón do Entroido de Verán?
É un dos problemas máis graves de Redondela. Unha festa se convertiu nun macrobotellón e estase a convertir nun problema de saude pública. Hai que dialogar cos afectados e estudar como encauzar o Entroido de Verán. Hai que asumir responsabilidades con madurez.
A senda verde de Redondela debe conectar coa de Vigo, non cre?
Como concepto crease como unha compesación da construcción da liña do AVE. Hai determinadas infraestruturas que teñen que ser negociadas entre todos. O que non podemos é chegar ao límite dun concello e que se modifique o formato. A senda verde é moi importante porque sería a entrada de moita xente de Vigo para consumir e coñecer Redondela. Vigo non é un competidor.
Seguirá o BNG a política habitual de humanizacións?
Hai que intentar reducir o uso do vehículo particular nas rúas dos núcleos de Redondela e Chapela. Fixemos a proposta, compartida por outros grupos, de humanizar a Praza de Ponteareas. Pero hai pequenas prazas que tamén hai que abrir ao uso dos veciños. Temos un exemplo clarísimo que é Pontevedra.
Que se xoga Redondela o 26M?
Un dos problemas de Redondela dende que Javier Bas asumiu a alcaldía é a perda de peso do cuarto concello da Provincia. Perdemos 125 persoas cada ano. Hai que promocionar iniciativas e políticas de consolidación da poboación. Redondela corre o risco de convertirse en cidade dormitorio de Vigo e hai que crear dinámicas que lle dean vida propia como cabeza de comarca.
Que proxecto lle ilusionaría para Redondela?
Que a xente se sinta cómoda, ilusionada e integrada nun concello aberto, participativo e multicultural. Un concello no que a igualdade se acada ao 100% e no que traballamos por perpetuar o noso entorno desenvolvendo as nosas capacidades dunha maneira respetuosa. Un obxectivo ilusionante e que comparte cada vez máis xente. Facer unha Redondela con máis calidade de vida.
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)
1. XOAN CARLOS GONZALEZ CAMPO
2. YESICA GARCIA CRUZ
3. ANXO LUSQUIÑOS LOPEZ
4. GABRIELA ALVAREZ VEIGA
5. TERESA MUIÑOS LAGO
6. PILAR SOTELINO COUÑAGO
7. DAVID COUÑAGO MOURIÑO
8. ANA ISABEL SANTOME SANTOS
9. BRAIS FERREIRO ARES
10. MARIA XESUS COUÑAGO MIGUEZ
11. ROBERTO CABALEIRO RIVEIRO
12. LUCIA MARTINEZ ACUÑA
13. MANUEL CAMPOS QUEIMALIÑOS
14. MARIA XOSE GARCIA GOMEZ
15. DANIEL LOPEZ MONROY
16. ROSA MARIA COSTAS ESTEVEZ
17. RAMON IGLESIAS MUIÑOS
18. MARIA ANXELES BABARRO FERNANDEZ
19. ROI GRANDE BABARRI
20. IRIA CUSTODIO FABRE
21. CECILIA PEREZ ORGE
Suplentes
1. XOSE XAVIER BALSAS BARBEIRA
2. MARIA HELENA ALVAREZ TESTAS
3. AGUSTIN GONZALEZ CAMPO
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL