En Tui son expertos na fusión de culturas a través da música. Cada un dos recunchos da vila, cada un dos festivais organizados alí, contan cunha máxica atmosfera de fusión cultural entre poboacións estranxeiras, nomeadamente con Portugal. Non en van, conforman a chamada “Eurocidade” xunto con Valença. Os tudenses están afeitos, polo tanto, a unión natural dos pobos. Porén, en Rebordáns levan 18 anos chegando aínda máis lonxe coa súa Noite Internacional do Miño.
Na noite deste martes, día de Galicia, o parque do Laxal acolle unha celebración única e abraiante: o folk do mundo únese nun recuncho fronteirizo dunha área rural para celebrar a irmandade a través do son.
Este ano, a Noite Internacional do Miño recibirá a grupos de tres continentes diferentes e de culturas ben dispersas. No Laxal sonará a música autóctona de Xeorxia, Letonia, Kenia e México, amais da galega, da man dos membros do Centro Cultural San Fins de Rebordáns, organizadores do evento.
Dende Xeorxia chega o folclore do TSU Folk Dance Ensemble University. Fundado en 1996, caracterízase polo emprego da música tradicional xeorxiana combinada con danzas individuais e de grupos nas que destaca a forza, a axilidade e os movementos audaces.
Do norte de Europa, nomeadamente dende Letonia, chega o grupo Folk Dance Ensemble Ritenitis, que conta con 70 anos de historia ás súas costas. O nome do grupo fai referencia a unha vella danza etnográfica. O grupo acumula actuacións en numerosos festivais internacionais nunha quincena de países, entre os que se atopan Finlandia, Portugal, Rusia ou Alemaña. A pesar da súa longa historia, caracterízase polo seu carácter xuvenil, cunha media de idade de 23 anos, e o seu repertorio inclúe unha ampla variedade de bailes e xogos das rexións de Letonia.
O representante africano chegará dende a capital de Kenia. Trátase do Nairobi Dance Esemble, que reflicte as tradicións dos distintos grupos étnicos recollendo as danzas tribais que representan o matrimonio, o nacemento, a colleita... Todo coa inconfundible música folclórica kenyana.
O cartel complétase coa Compañía Mexicana de Danza Folclórica. Fundada en 2002, busca reflectir as tradicións ,a paixón e o misticismo do pobo mexicano con espectáculos que cheos de colorido e nos que se realiza un repaso histórico da cultura mexicana pre e post colombina.
O festival está afeito ás músicas étnicas e a celebración da cultura. Nestes 18 anos ten recibido grupos de todas partes do mundo, dende Togo a Xapón, pasando por Indonesia, Perú, Venezuela, México, Serbia, Polonia, Taiwan, Arxentina, Ecuador, Turquía, Eslovaquia, Senegal...
O festival comeza ás 21:30 horas do martes, 25 de xullo no Parque do Laxal. Para chegar, deberás guiarte polas indicacións cara ao Colexio Público de Rebordáns xa que o Centro Cultural e o propio parque atópanse ás costas do centro. Podes consultar a localización concreta no mapa que te deixamos a continuación:
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL