En poucas palabras, por que os veciños e veciñas de Tui deben escoller a opción de En Marea?
Durante o tempo que estivemos gobernando, dous anos e cinco meses, amosouse que había outra forma de gobernar e as políticas transformadoras que se levaron a cabo calaron moi fondo na xente de Tui, e iso necesita ser refrendado. Dende a moción volvemos a unha situación de caos, desidia e deixadez.
Como imaxinas o Tui de dentro de catro anos?
Se estamos nese futuro goberno penso que os cidadáns van notar unha notable diferenza na forma de gobernar. Gobernamos para o pobo, estamos nos diferentes departamentos e atendemos as demandas do veciños, é moi diferente ao que sucedeu neste ano e medio.
Cales son os retos culturais de Tui?
Tui ten unha política cultural cuns anos de traxectoria. Habería que consolidar algúns dos eventos como o Play Doc, Ikfem ou o Festival de Teatro Afeccionado. Tamén apoiar os diferentes eventos que se celebran nas parroquias. Estando eu ao fronte de turismo fixemos un festival de pintura na rúa. Hai cuestións que non son tan importantes en canto a orzamento pero si outorgan dinamismo cultural. Ademais, á Área Panorámica hai que darlle unha volta para facer concertos, ciclos de cine e actividades diferentes ao propio teatro.
Sinte que o seu proxecto quedou incompleto pola moción?
Cando estivemos no goberno se plantexou o Tui de futuro e quedou parado pola moción de censura. Do Plan Concellos de 2017 fiscalizaron apenas un 10%. Nos deportes aínda non empezaron a remodelación dos vestiarios do Álvarez Durán. Tampouco iniciaron a obra de mellora do pavillón do Kaiak Tudense. Non se avanzou nada. Soamente lograron levar adiante a rúa Ourense, que quedou aprobada por nós, e o Palco da Música. Quedan moitas obras do Plan Concellos 2017 e até de 2016.
Con quen pactaría se non logra a maioría absoluta?
A priori pactaremos con forzas con sensibilidade e política social e defensa dos servizos públicos. Estaríamos moi cerca do BNG e do PSOE. Pero non podo pechar a porta a outros partidos que apoien a investidura dun alcalde ou alcaldesa de esquerdas.
Que sería un bo resultado?
Todos aspiramos ao mellor resultado. Eu quero ser alcalde de Tui, a nós gustaríanos medrar o máis posible. Se non é así, mellorar o concelleiro que tivo Son de Tui. Falando claramente, aspiramos a entre 3 e 4 concelleiros.
E un mal resultado?
Non obter representación, pero non me entra na cabeza. Manter unha única acta tampouco sería un bo resultado, pero polo que vemos na rúa todo o mundo di que somos unha moi boa candidatura. Temos un perfil de homes e mulleres diversas que sirve para que sexamos transversais.
O PEPCHA é a gran tarefa pendente. Estará nesta lexislatura?
Cando se fixo a moción de censura estaba moi preto de ser aprobado. Este novo goberno non fixo nada. A única tramitación era traducir o PEPCHA e fixérono mal porque a tradución era inintelixible. Nun ano, ano e medio, debería estar aprobado.
Cal é o plan de En Marea para a traseira da Área Panorámica?
Témolo clarísimo. Había dúas posicións. O señor Padín e Converxencia 21 hai cuestión de tres meses plantexaban a construción dun aparcamento privado cunha concesión de zona azul na superficie. E estaba a nosa, para que a través do Remanente se fixera un aparcamento público. É dicir, o Concello faría a obra e se encargaría de xestionalo. Foi a Pleno e foi aprobada. Neste momento, non somos tan ambiciosos, porque consideramos que vai levar moito tempo, así que o primeiro que hai que facer é unha reordenación do tráfico para buscar prazas de aparcamento en superficie. Despois, habería que analizar con cautela un aparcamento subterráneo, que sería moi custoso. No Porriño quebrou e ten moi pouca ocupación. A zona azul de rotación de vehículos tamén ten que estar vixiada.
Como potenciar a fortaleza turística de Tui?
Hai que facer un equipo de traballo co sector hostaleiro, restauración, ocio, transporte, Igrexa... nas que se fale do futuro turístico de Tui. A Igrexa fai unha xestión do seu patrimonio contraria á xestión turística. Os San Benitos expostos por fin no Museo da Catedral estiveron durante anos gardados e non había forma de podelos ensinar. Ten que haber coordinación. Hai que buscar puntos de encontro. En 2016 fíxose unha memoria de turismo e non foi nin valorada por este goberno e gastou agora 7.000 euros nun proxecto que é unha declaración de intencións. Ten que haber un panel turístico dixital que xa o solicitaramos ao Plan Concellos e está pendente da autorización de Patrimonio. A Oficina de Turismo ten que está aberta e hai que poñer un punto de atención previo á Praza de San Fernando. A oficina non pode estar pechada.
O actual goberno recuperou a Festa do Meixón en formato de roteiro de restaurantes e impulsou o Pacto de Tui. Se depende de vostede, manterá estos eventos?
En 2016 fíxose o festival popular do meixón con prezos de 40€ e se venderon un montón de racións. O señor Padín decidiu que era mellor apostar por restaurantes. Iso non atrae xente. Cando se fixo o último festival popular había dous equipos da TVG con reportaxes que promocionaban a cidade. Cun custe moi pequeno houbo unha rendibilidade tremenda. Hai que darlle unha volta a isto. O Concello debe volver a retomar o festival do meixón.
E o Pacto de Tui?
Apostamos por que se celebre dentro de Arraianos. Non se pode facer unha festa chamada Pacto de Tui sen transcendencia histórica e sen contextualizar con concertos na zona nova.
Como se debe preparar Tui para o Xacobeo 2021?
A Xunta tense que implicar. A sinalización é bastante deficitaria con postes mal colocados. É competencia do Xacobeo, non municipal. A competencia do Concello é relativa. Hai que esixir que a entidade xurídica chamada Xacobeo se implique e se preocupe do Camiño Portugués e estea limpo e acondicionado. O Concello debe encargarse da promoción e de ter oferta de ocio para os peregrinos.
Vostede impulsou un barco turístico no Miño, quere recuperalo?
As empresas buscan rendibilidade e o prezo dos billetes era pouco competitivo. Este tipo de iniciativas si penso que poden axudar se hai empresarios dispostos a arriscar para ofrecer un paseo en barco como hai noutros lugares. Quizais hai que pensar na posibilidade de lograr un barco da Eurocidade con fondos europeos para realizar paseos entre Valença e Tui.
Que pasos hai que dar en Paramos?
Houbo un afán de protagonismo esaxerado por parte do señor Padín que viu ocasión de sacar rendibilidade política. Nos primeiros momentos houbo un gabinete de crise cos voceiros de cada formación. Aí se puxeron sobre a mesa medidas que foron un acerto. Pero nun momento o señor Padín decidiu ir pola súa propia conta e el saberá por que o fixo.
Que proxecto lle gustaría liderar en Tui nos próximos catro anos?
Queremos poñer en funcionamento un equipamento deportivo situado na beira do Louro. É o momento de poñelo en marcha. Queremos habilitar unha pista para determinadas actividades deportivas, cun custe baixo, pero que permitirá sentar as bases para un futuro complexo deportivo.
EN MAREA TUI-MAREAS LOCAIS (EN MAREA)
1. LAUREANO ALONSO ALVAREZ
2. PAULA ALVAREZ SILVA
3. ENRIQUE MIGUEZ GOMEZ
4. SONIA MARIA PUERTAS MARTINEZ
5. AQUILINO RODRIGUEZ GREGORES
6. MARTA MARIA DURAN SOLLA
7. JUAN CARLOS COELLO CAÑEDO
8. JOSEFINA FERNANDEZ GARCIA
9. PABLO ALONSO PEREZ
10. LAURA CENDAN GARCIA
11. JAVIER CARDOSO GONZALEZ
12. NOELIA SOLLEIRO GONZALEZ
13. JOSE ANTONIO OCAMPO GONZALEZ
14. ALEJANDRA BUGARIN GOMEZ
15. CESAR PEREZ NUÑEZ
16. MARIA CONCEPCION ELOSUA MENENDEZ
17. MANUEL ANTONIO VAZQUEZ DE LA CRUZ
Suplentes
1. CARLOS GONZALEZ ESTEVEZ
2. CARMEN RODRIGUEZ ALBAN
3. MARCOS SANCHEZ VAZQUEZ
4. ANA MARIA HERMIDA FERNANDEZ
5. JOSE ANTONIO RODRIGUEZ CHAMORRO
6. CESAR GONZALEZ RODRIGUEZ
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL