A nova edición do Festival de Cans comeza mañá centrando a programación da primeira xornada na veciñanza, nunha mestura que combina o agroglomour coas últimas novidades culturais e cinematográficas. Neste primeiro día poderase ver no Baixo de Bugarín o documental Gallo dirixido por Antonio Díaz-Huerta, unha peza que conta a historia de Aitor Francesena “Gallo”, campión do mundo de surf adaptado en 2016 e que vén de pasar pola sección ZINEMIRA no Festival de Cine de San Sebastián. A entrada será libre ata completar aforo. Xunto a esta proxección, o mércores terá lugar a partir das 20:00 a noite dedicada especialmente aos veciños coa descuberta do traxe do Can de Pedra e trala colocación do Chimpín de Prata en homenaxe aos veciños Rafa González e Paz Acuña no muro dos Chimpíns.
O Torreiro de Cans acollerá ás 21:00 un dos días máis emotivos do festival cheo de música e de estreas. Nesta noite faranse as presentacións do xurado dos veciños e dos guías dos camiños da XVI edición, a actuación das Pandereiteiras de Cans e os acordeonistas Acordecans, ademais da estrea de Os Catro Ventos de Cans. A memoria da música. Unha peza, feita dentro proxecto Cans 303 e realizada por persoas da aldea coordinadas por Juanma LoDo, que quere recuperar a memoria local arredor do grupo histórico Os Catro Ventos de Cans. Esta formación amenizou as festas do sur de Pontevedra e tiña entre os seus compoñentes á acordenista Marisol e ao batería Rafa, os dous fillos de Pepe “O bombeiro”, fundador da banda.
A programación do día inaugural acollerá outras actividades que teñen a literatura como fío condutor: ás 18:30 terá lugar no Baixo de Bugarín a final do concurso ‘Ollo de Vidro’ que impulsou o Festival de Cans no marco da iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro. Nesta gran final na que se desvelarán os gañadores proxectaranse 14 pezas finalistas, que obterán diversos premios outorgados por un xurado. Entre elas poderanse ver críticas literarias, booktrailers, recomendacións e outro tipo de pezas audiovisuais máis creativas coa fin de animar a lectura e promover o uso do galego nas redes sociais. O programa literario tamén incluirá a presentación de A grande epopea do pianista de Cans de Xosé A. Perozo. Un libro moi especial que recolle a lenda da coñecida pedra de Beethoven ou do Pianista de Cans que o autor publicara no Faro de Vigo e que volveu retomar a partir do proxecto Miradas de Cans, as residencias promovidas por este festival. E tamén contará co roteiro cinéfilo-literario que conducirá ás 11:30 horas o escritor Carlos Meixide levando aos asistentes polos recunchos da aldea que aparecen na súa novela xuvenil Cans.
As mañás do mércores, xoves e do venres estarán ocupadas en parte pola celebración dos Coloquios AISGE, promovidos pola entidade de xestión de dereitos dos intérpretes. O encontro inicial do día 22 leva por título Pioneiras e Pioneiros, lembrando a Xan Cejudo. Nel a actriz Mela Casal e o dramaturgo Xabier Picallo recordarán a figura deste actor finado en 2018. Completa a programación o encontro Cans do Futuro coa actividade ‘Oficios Invisibles’ realizada en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, na que Alicia Saturna, responsable de vestiario falará do seu traballo e experiencia co público máis novo. Tamén se celebrará a masterclass sobre os procesos e a importancia do subtitulado que impartirá o realizador e docente Pablo Romero-Fresco e a apertura de Cans Senior no Centro de día de Torneiros. Nesta mostra especial expoñeránse as obras artísticas na que maiores de centros de día procedentes de toda Galicia reinterpretan a figura da nosa mascota de Cans.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL