En poucas palabras, por que as veciñas e veciños de Mos deben elixir a papeleta do PSOE nas eleccións municipais?
Temos a intención de traballar coa veciñanza escoitando cales son as súas necesidades, cales son as súas suxerencias e facer unha xestión para a cidadanía. Non queremos atender intereses persoais nin intereses dalgúns empresarios por riba dos intereses do pobo. Temos a intención de cambiar a xestión que se fai dende o Concello, que é nefasta.
No caso de ser alcaldesa, como imaxinas o Mos de dentro de catro anos?
Se eu son alcaldesa, serán catro anos de traballo. Xa temos propostas de acordos con Zona Franca e coa Deputación que intentaremos levar a cabo nestes catro anos. Será unha lexislatura de intentar darlle a volta ao Concello para que Mos prospere.
Que retos a nivel cultural ten Mos?
Non xerar controversia nin enfrontar unhas festas con outras. Temos unha oferta cultural moi variada. Cada parroquia ten a súa asociación cultural, veciñal, con diferentes grupos e diferentes actividades culturais e de ocio. Temos que valorar iso, que é moi importante xa que outros concellos non dispoñen de tanta oferta. Temos que saber sacarlle partido e non podemos permitir que haxa festividades que se solapen. A cidadanía ten dereito a poder ir a todas estas festas sen ter que decidir e temos que darlle cabida a todos os grupos, as escolas municipais, aos grupos de teatro. Temos que aproveitar toda esa oferta cultural que ten o Concello.
Nestes últimos meses, Mos foi noticia pola polémica co proxecto do centro comercial de Carlos Mouriño, cres que por este motivo estas son as eleccións nas que máis se xoga Mos?
Evidentemente. Nidia Arévalo dixo que non ía tomar ningunha decisión antes das municipais. Isto débese a que se volve sacar maioría, ela vai tentar sacar o proxecto adiante. Se non a saca, pola nosa parte non vai contar co apoio. Estamos en contra do centro comercial. Temos outra alternativa para o monte. Para quen di que os que estamos en contra do centro comercial non queremos xerar emprego, non é certo. Como dicía, temos unha proposta de acordo coa Zona Franca para mellorar os accesos e o polígono industrial e desta maneira atraer máis empresas e así xerar emprego. Ademais temos unha oferta de turismo para o monte, que sería xerar un parque forestal que tamén ten cabida a crear traballo.
Onde estaría este parque forestal?
En Tameiga. O plantexamos así, pero Mos é rico en monta e zonas verdes. Por iso que tamén ten outras zonas de interese que tamén queremos resaltar como Pereiras ou Cela, onde hai muíños para reconstruír e para facer rutas. Mos ten o paseo do Louro, ten merendeiros e zonas no monte interesantes e con vistas moi atractivas. Tentaremos facer un turismo rural sacándolle partido os nosos recursos.
Que farías co proxecto do Celta?
Rexeitalo.
Non lles darías unha alternativa?
O Celta non baraxa facer os campos sen o centro comercial. A Comunidade de Montes de Tameiga, que é a propietaria dos terreos, dixo que non. Entón non ten cabida seguir adiante cun proxecto no que Mouriño dixo que se tiña que facer coas dúas partes e unha desas partes non é posible, non é viable a non ser que se expropie. Nós non pretendemos expropiar, nada máis lonxe da realidade.
Se Nidia Arévalo non logra a maioría absoluta, o PSOE mosense estaría disposto a un pacto de goberno con GañaMós e BNG?
Se Nidia Arévalo perde a maioría, comprometémonos a sentarnos e a falar. Polo menos falar. Vémonos na obriga de intentalo.
No caso de que sexades a primeira forza ou ti podas ser alcaldesa, que medidas tomarías nos teus primeiros 100 días?
Temos un plan de axuste económico interno. Sería o primeiro que poríamos en marcha. Faríamos tamén unha auditoría por un órgano externo para determinar cal é a situación económica do Concello. A 31 de decembro sabíamos que había máis de 10 millóns de débeda, sete millóns de débeda bancaria e o resto en facturas. Este ano xa levaron varios Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito por máis dun millón de euros, por iso que o primeiro sería determinar a situación económica e facer unha rebaixa nas retribucións do equipo de goberno e revisar os gastos de todas as áreas. Necesitamos facer orzamentos reais e ser conscientes de que a situación do Concello é grave e que non se pode despilfarrar como se estaba facendo ata o de agora.
Pensas que se debería fomentar a creación dun casco urbano en Mos?
Si, ese tamén é un dos puntos que levamos no noso programa. Cando gobernaban os socialistas, antes da moción de censura, era un proxecto que estaba en marcha. Facer un Concello novo. Había dous millóns reservados para tal proxecto, pero Nidia Arévalo despois da moción de censura decidiu parar este proxecto. Había unha idea de facer un núcleo urbano na parroquia de Petelos. Actualmente, co PXOM nesa zona non sería posible, pero pretendemos buscar unha zona de ocio comercial e urbana que permita a Mos seguir crecendo.
Como tes pensado enfrontarte a esas débedas que dicides que ten Mos e desenvolver o voso programa electoral?
Sabemos que vai a haber restricións económicas. Ata o de agora non sabemos como co nivel de impostos a débeda seguiu aumentando. Apostamos por volver a municipalizar servizos que agora están externalizados e nos primeiros anos habería que controlar moito o gasto para poder saír adiante.
Tedes pensado baixar, non digo a curto pero si a medio prazo, os impostos dos veciños de Mos?
Si, na medida do posible. Tentaremos rebaixalos porque somos conscientes de que os impostos que temos agora mesmo afogan ás mosenses e aos mosenses. O imposto da rodaxe ou do lixo están ao nivel dunha cidade grande como Vigo e os nosos servizos non son comparables. Non ten sentido cobrarlle semellante taxa a un veciño cando non lle prestas nin a metade dos servizos. Cando poidamos, será unha das nosas primeiras medidas.
Ser un concello limítrofe con Vigo, beneficia ou perxudica a Mos?
Beneficia. Non temos porque xerar ningunha controversia nin ter liortas con Vigo. Vigo é unha cidade grande que ten os seus servizos e as súas empresas. Estar pegado a Vigo nos permite aproveitarnos dese crecemento na área metropolitana e na contorna. Se sabemos aproveitalo será beneficioso, se non sabemos, como nestes últimos anos, pasa o que pasa, que confronta con Vigo e non saca ningún beneficio.
Eres partidaria a activar a Área Metropolitana de Vigo?
Claro. Unha das que paralizou este tema foi Nidia Arévalo por intereses do seu partido ao non poder presidila. Isto prexudicou ás veciñas e veciños que necesitaban, por exemplo, o servizo do autobús. Se finalmente se logra constituír sería un avance e un logro para todos.
Que proxecto lle gustaría a Victoria Alonso facer por Mos?
Sobre todo imos traballar en dúas liñas. Por un lado imos a desenvolver un proxecto turístico. Queremos potenciar un turismo rural coas zonas verdes e as zonas de interese que temos no noso municipio e por outra banda queremos xerar emprego e ser un concello que xera industria.
PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE)
1. MARIA VICTORIA ALONSO MENDEZ
2. ALEJANDRO FIGUEROA EXPOSITO
3. VERONICA COSTAS CAMPO
4. JOSE ANTONIO MANTILLA FERNANDEZ
5. MARIA MERCEDES VILA PAMPILLON
6. JOSE SOLIÑO BUGARIN
7. DELFINA RODRIGUEZ LORENZO
8. JOSE CAMPO VAZQUEZ
9. ESTEFANIA CARRERA MARTINEZ
10. CHRISTIAN GONZALEZ ESTEVEZ
11. DOLORES GOMEZ RIVERO
12. CARLOS SEIJO COELLO
13. CARMEN LAGO ALVAREZ
14. ROBERTO MANUEL OTERO MARTINEZ
15. CLARA LAGO RODRIGUEZ
16. ANTONIO GONZALEZ OLIVEIRA
17. PATRICIA PEREZ UCHA
Suplentes
1. URBANO SEIJO VILA
2. JOSEFA GOMEZ FRANCES
3. TOMAS GARCIA MORGADAS
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL