Que motivos lle da ás veciñas e veciños de Tomiño para que aposten pola súa candidatura o vindeiro 26 de maio?
Pois a resposta penso que vai ser moi sinxela. Creo que os veciños de Tomiño neste momento están pedindo a necesidade dun cambio, que Tomiño necesita un cambio por malos hábitos que estivo collendo nestes anos e que o que máis vemos, sobre todo os veciños do rural, é que o rural leva catro e oito anos completamente abandonado. Creo que son motivos máis que suficientes para que de cara a un futuro sepamos priorizar os nosos recursos e sobre todo ter en conta as quince parroquias do noso concello.
No caso de ser alcalde, como imaxinas o Tomiño de dentro de catro anos?
Imaxínome un Tomiño que teña o 100% do saneamento, que é realmente o que lle urxe aos nosos veciños. Que teñamos un polígono industrial dunha vez despois de tantos atrancos e do interese que mostrou o actual goberno municipal e, sobre todo, a creación de emprego que provocará a creación deste polígono industrial
Cales son os retos a nivel cultural que ten Tomiño?
A nivel cultural é volver á oferta que tivo fai doce anos o Partido Popular cando gobernaba. Nos 24 anos que estivo na Alcaldía sempre levou actividades culturais a todas as parroquias. Eu lembro que cando era cativo tiña na miña parroquia, ao lado da miña casa, cinema ao aire libre ou actuacións de grupos culturais, aparte de todo o que se colaboraba coas festas tradicionais dos pobos. Por iso, levo no meu programa aumentar un 100% a partida orzamentaria dedicada á cultura e sobre todo para que os veciños do rural teñan a posibilidade de gozar da cultura en cada pobo.
Nestas eleccións participará un partido
A ver, non é que nin beneficie nin prexudique. Creo que Centristas de Tomiño non se presente, pode ser positivos para nós. Dende que se formou os afectados somos o PP. O voto da centro dereita dividiuse e sempre será bo volver a recuperar ese voto que algún momento se foi. Por iso nós estamos incentivando á xente que ese voto que no seu día fora a outras opcións políticas volva ao PP.
Que sería para o PP de Tomiño un bo resultado?
Se temos en conta que a única forma en que goberna o PP é gañar con maioría absoluta, creo que un bo resultado sería sacar os nove ou máis, que é o que garante a maioría absoluta.
E un mal resultado?
Para min un resultado malo sería manter os mesmos catro. Se despois de que haxa unha forza política menos mantemos o mesmo número de concelleiros, para min sería un resultado malo.
Como valora estes últimos catro anos do BNG?
Se fixeron mal moitísimas cousas. Sobre todo non se soubo priorizar os recursos do noso Concello. Non foi unha inversión prioritaria o saneamento, non foi unha cuestión prioritaria pelexar ante a Xunta de Galicia polo polígono industrial. Sempre nos acordamos do polígono industrial ou da biblioteca que nos prometeron fai catro ou oito anos e que agora volven outra vez a prometer. Creo que isto é prometer, prometer e prometer para vender fume, que é o que estamos acostumados os veciños de Tomiño nestes anos. Vender fume, fotografía, fotografía, vender fume. Creo que é a forma de facer política cando os veciños sobre todo do rural ven que os seus servizos, tras pagar uns impostos máis altos que fai dez anos, non están sendo cubertos.
Ve factible acadar a maioría absoluta?
Nada é imposible. Sobre todo en política. Eu vexo que hai moita xente descontenta, xente que fai catro anos votou ao BNG e agora din que non os queren votar. Iso é que realmente o que fixeron está reflexado no que ven realmente os veciños nas parroquias, no centro de Tomiño e demais. Pero eso depende das urnas e do que pase o domingo.
Que se xoga Tomiño este 26 de maio?
Tomiño xógase realmente manter os servizos e que todos os veciños poidan ter os servizos sen importar se viven no centro ou na parroquia máis lonxana. Temos un concello difícil, temos un concello con moita dispersión, pero para iso está e cobra un goberno municipal, para darlle os servizos que necesitan todos os veciños por igual.
Que proxecto te ilusionaría facer por Tomiño?
Gustaríame un proxecto que dea emprego que dea riqueza, que sexa recoñecido polo noso patrimonio, un concello aberto ao río, un concello onde o deporte estea moi vinculado ao río, queremos facer unha aposta moi firme polo deporte e, sobre todo, que é o primordial e aparte é que temos prazos de aquí ata o ano 2026, para que Tomiño teña o 100% saneamento. Creo que o primordial polo que temos que pelexar é saneamento e polígono industrial. Se eu fora alcalde, estaría moi satisfeito de lograr un polígono industrial e un concello saneado nunha soa lexislatura.
Estás a favor de continuar potenciando a Eurocidade?
Si, de feito no pleno que se levou para aprobar a Eurocidade nós votamos a favor. Aquí temos que ver o beneficio para os dous lados do río. A día de hoxe paréceme que o orzamento é baixo. É cuestión de chegar a acordos entre ambos concellos, a ambas beiras do río Miño, aumentar esas partidas para a Eurocidade e, sobre todo, é sobre todo estou convencido éde que se lle pode quitar moito rédito e moita ganancia á Eurocidade. Queremos potenciar a ambos lados do Miño o Camiño portugués a Santiago que pasa polo noso Concello, unha ruta que o PP deixou completamente sinalizada e que nestes anos do goberno do BNG desapareceu por completo. Non se ven nin os monolitos de sinalización.
Estás a favor de potenciar a marca “Visit Río Minho”?
O Miño non está suficientemente ben explotado. Temos uns 16 quilómetros de río aos que se lle pode sacar moito partido a nivel deportivo e turístico. Temos que pelexar para ter competicións deportivas como ten por exemplo Tui. A marca está ben, pero nestes anos foi máis fotografía e titulares que o que realmente se fixo para potenciar o río Miño.
Un desexo para Tomiño?
Que haxa prosperidade, que haxa emprego e, sobre todo, que vivamos onde vivamos todos teñamos os mesmos dereitos, os mesmos recursos e os mesmos servizos. Que non haxa diferenzas entre os veciños dos núcleos urbanos cos veciños do rural.
PARTIDO POPULAR (PP)
1. ESTEBAN GONZÁLEZ MIRANDA
2. DIEGODOMÍNGUEZ MARTÍNEZ
3. RAQUEL OZORES LÓPEZ
4. ISABEL DÍAZ IGLESIAS
5. DANIEL POUSA VICENTE
6. GERMÁN CASTRO BARBOSA
7. PATRICIA CALVAR LÓPEZ
8. JOSÉ MANUEL MONTES DÍAZ
9. NOELIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
10. ANA BELÉN VICENTE VICENTE
11. LIDIA CLARO SILVA
12. JOSÉ CARLOS DOMINGUEZ CUÑA
13. ALVARO ALVAREZ VAZ
14. JOAQUÍN RODRÍGUEZ ALVAREZ
15. VANESA VILA PEREZ
16. GUILLERMO COMESAÑA LAGO
17. YOLANDA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ
Suplentes
1. MANUEL FERNANDO RODRIGUES CONDE
2. CÉSAR AUGUSTO PÉREZ ARES
3. LAURA OZORES LÓPEZ
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL