En poucas palabras, por que os veciños e veciñas do Porriño deben escoller a papeleta do PP?
Votar ao PP será sinónimo de crecemento e desenvolvemento do Concello de Tui. Levamos más de 176 medidas que son propostas moi realistas e moi executables. Queremos revitalizar, potenciar e manter o que xa temos. Non se trata de facer grandes obras senón de manter o que xa está que está bastante descoidado. Teremos un talante moi dialogante. Queremos darlle protagonismo aos veciños.
Como imaxinas o Tui de dentro de catro anos?
Un Tui transformado, que creceu e renovado. Un Tui con moitas posibilidades económicas e de calidade de vida para os nosos veciños.
Cales son os retos culturais de Tui?
Temos unha riqueza cultural moi importante. Temos que darlle grazas ás asociacións culturais. Hai que potencialas e recuperar a diversidade cultural. Queremos abrir o Teatro Municipal á cidadanía. Debe converterse nun gran referente da cidade e da Eurocidade. Tamén queremos impulsar un arquivo dixital e sonoro e crearemos un Consello Cultural. Por último, hai que seguir apoiando festivais como Play-Doc, Ikfem, Música no Claustro, Noite Internacional do Miño, Encontro de Bandas de Gaitas, Penizas Folk, Festa da Camelia, etc.
Os valos publicitarios instalados nos accesos a Tui non amosaban as siglas do PP. Por que?
Están, pero queremos enfatizar que o protagonismo o teñen os cidadáns, ao marxe de siglas. Temos unha marca, recoñecida e recoñecible, non hai dúbida de quen se presenta polo PP en Tui. Non obstante, son os veciños os que teñen que decidir. A situación actual de crispación en ingobernabilidade é unha mágoa. Os plenos están cheos de insultos. Queremos traer frescura e outro talante. Buscamos transmitir que son os cidadáns os que teñen o protagonismo. A decisión a van tomar o 26 de maio.
Arrepíntese da moción de censura?
Non podo valorar unha cuestión na que non tiven decisión. Non vou ser culpable dun pecado orixinal que non me corresponde. Se estivera na situación deles non sei o que faría. É moi difícil. Respecto a autonomía persoal dos concelleiros que estiveron no goberno. Nós comezaremos o 15 de xuño cando se tome posesión e a partir de aí facemos a valoración. Traballaremos duro para que Tui avance.
Con quen pactaría o PP para formar goberno?
Soamente imos a pactar cos cidadáns. A xente pensa que imos sumar pola dereita e están equivocados. Precisamos unha maioría folgada para o noso proxecto. Precisamos un apoio total e absoluto para poder gobernar. Calquera outra situación vai prexudicar enormemente a Tui. Calquera pacto derivaría nun sucedáneo.
Un bo resultado será por tanto...
A maioría absoluta.
E un malo?
Calquera outro que non fose ese.
O PEPCHA é a gran tarefa pendente. Estará nesta lexislatura?
Por suposto. Perdeuse moito tempo. Hai unha clara desidia. Dous anos do anterior goberno, 730 días, son moitos días de traballo que se perderon. Non o entendo. Non teñen intencionalidade de aprobalo. O primeiro punto do noso programa no que se refire a patrimonio é a aprobación definitiva do PEPCHA cos cambios necesarios para dotar ao Conxunto Histórico dunha normativa que permita ter seguridade xurídica. Permitirá revitalizalo e rehabilitalo para recuperar o segundo casco histórico máis importante de toda Galicia.
Cal é o plan de José Ángel Fernández para a traseira da Área Panorámica?
Clarísimo. Hai que facer un aparcamento subterráneo. Se podería facer con varias plantas. Unha para concesión a veciños da zona, pero a marxe diso queremos un aparcamento de titularidade municipal. Non se pode cobrar aos veciños das parroquias para obrigarlles a pagar, tamén a zona azul porque o proxecto estaba asociado á mesma. Iso é inviable. Se poden establecer tarifas pequenas ou incluso media hora gratis. Potenciaría moitísimo o comercio local.
A xestión correría a cargo do Concello?
Non. Unha cousa é a construción e outra é a xestión. Evidentemente ten que ser unha entidade especializada, pero non lastralo concedendo unha concesión de obra pública por 25 ou 50 anos, nese caso pasaríanos o que pasou en Baiona ou O Porriño que tiveron que rescatar a concesión porque era inviable. Hai que idear un sistema como o de outros servizos públicos como limpeza viaria.
O actual goberno recuperou a Festa do Meixón en formato de roteiro de restaurantes e impulsou o Pacto de Tui. Se depende de vostede, manterá estos eventos?
A do meixón por suposto. Temos que fomentar festas de carácter gastronómico que son moi importantes para o turismo. Hai que enfocarse tamén noutros produtos do río Miño cos que se podería facer algún tipo de festas. Pola súa parte, o Pacto de Tui non tivo o resultado esperado. Hai que fomentar outros festivais como os de iniciativa privada que teñen moi bo resultado. As festas das parroquias son moi importantes, como a Festa da Rocha, en Caldelas, que intentaremos declarala de Interese Turístico Galego. Hai que potencialas, Tui é Tui e once parroquias máis. Pola súa parte, as festas patronais de San Telmo están a consumir moitos recursos propios, é unha esaxeración. Pódese facer máis con menos.
Como se debe preparar Tui para o Xacobeo 2021?
Hai que dedicar especial atención ao Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Temos que promocionar o Camiño Portugués e defender o noso. Pero levamos outras ideas como promover as cartas en distintos idiomas nos restaurantes, crear un diploma de entrada, promocionar conxuntamente o Camiño Portugués con Valença, Ponte de Lima, Paredes de Coura, O Porriño e Mos. Por último, levamos a creación dun lugar simbólico para os peregrinos no que se poidan facer unha foto. Que se sinale a entrada a Galicia en Tui. Crearemos a Mesa do Camiño con representantes do sector privado, da Igrexa e do sector asociativo e tamén favoreceremos a rápida tramitación de licencias de aloxamentos.
Estas eleccións estarán menos fragmentadas. Será beneficioso para o PP?
Está claro que eran oito e agora son seis candidaturas e evidentemente o reparto de votos é menor. É de sentido común. Ademais, unha das anteriores opcións está integrada con nós. Con todo, a última palabra a teñen os veciños, aínda que é unha situación moito máis favorable que no 2015.
Que pasos hai que dar en Paramos?
Nunca quixen sacar rendemento político desta traxedia. Soamente cando se fixo aquela nota de prensa do delegado do Goberno que era un despropósito. Temos que seguir apoiando aos veciños. Na Xunta modificaron a Lei do Solo para poder reconstruír case a totalidade das casas. Hai que axilizar as licenzas para que os veciños volvan a ter a súa vida o máis axiña posible. Imos loitar porque se restableza a normalidade.
Que proxecto lle gustaría liderar en Tui nos próximos catro anos?
O Gran proxecto é cumprir o meu programa. É moi realista. Plenamente executable. Todos son alcanzables. Non imos falar de parques acuáticos nin grandes infraestruturas. Evidentemente imos continuar coa apertura da rúa Ourense ou ese aparcamento subterráneo, pero o noso obxectivo é cumprir co noso programa. Ademais, hai que embelecer as tres entradas á cidade porque o turismo é moi importante. Que o visitante se sinta cómodo e teña gañas de quedar.
PARTIDO POPULAR (PP)
1. JOSÉ ANGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
2. JORGE LIMA DURAN
3. JOSÉ ANGEL VILLAVERDE ROCHA
4. UMBELINA DOMÍNGUEZ LÓPEZ
5. TERESA RUBIO LEDO
6. CAROLINA PARAMOS DOMINGUEZ
7. SONIA PEREZ VILLAMARÍN
8. MARÍA HERMINIA SIAS CORTIÑAS
9. TELMO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
10. ALEJANDRO ARROYO ROSADA
11. DAVID CARBALLO PEREZ
12. ANABEL SOLLA MAS
13. LAUREANO FERNÁNDEZ SUÁREZ
14. BENITO FERNÁNDEZ TRONCOSO
15. TANIA CANCELAS RODRÍGUEZ
16. RAÚL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
17. MARÍA DEL CARMEN ALONSO SEIJO
Suplentes
1. JOSÉ FERNANDO RODRÍGUEZ DE LINO
2. MANUEL ALONSO VILANOVA
3. MARÍA FERNANDA ABREU ESTEVES CONDE
4. MARÍA DEL CARMEN PARAMOS ALONSO
5. ALBERTO SOLLEIRO ALVAREZ
6. PATRICIA COELLO LEDO
7. BEATRIZ COELLO PINTOS
8. RAMON ROSADA SILVA
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL