En poucas palabras, que motivos lle das aos vigueses e viguesas para que elixan a túa papeleta o día das eleccións?
Cremos que fixemos un bo traballo. Fixemos campaña de rúa nos barrios e dende que chegou Marea de Vigo hai outra maneira de entender a política e a cerrazón do alcalde. Abrimos as fiestras do Concello que levaban 30 anos sen moverse.
Como imaxinas o Vigo de dentro de catro anos se Marea de Vigo chega ao goberno?
Queremos recuperar cultura democrática que se perdeu coa maioría absoluta. Isto é como Marbella, até que Jesús Gil foi destronado non se deron conta do que pasaba realmente no Concello. Hai que cambiar o regulamento do pleno e revisar a contratación pública.
Cales son os retos culturais da cidade?
Hai que colocar enriba da mesa o que está a pasar coa cultura nesta cidade. Xa non na cuestión do Marco, no que fomos excluídos aínda que agora estamos no Padroado, senón que hai que redefinir a política cultural. Ten que acabar a mamandurría de o quen ten acceso a un concelleiro accede aos convenios. A cultura ten que ser plural. O elenco, cando menos surrealista, de concertos de Castrelos non é unha elección cultural. Simplemente é que hai produtoras que teñen acceso ao concelleiro e outras que non. Hai xente que pode traer grupos importantísimos, tamén galegos. A cultura do convenio directo con medio millón de euros para a empresa Ideas de Éxito no Auditorio Mar de Vigo hai que cambialo. Hai que ir ao concurso público. E non podemos ter o Verbum e o Museo da Fotografía á barbeito.
Vigo non logra que as "low cost" permanezan en Peinador. Que política aeroportuaria propoñedes?
Ten un hándicap terrible que se chama Porto. Hai que deseñar o modelo de desenvolvemento turístico -que non se fai, porque se queres que o atractivo sexan as luces do Nadal tes que saber que en decembro as rutas internacionais non se operan-. Tes que decidir a programación de rutas e a partir de aí licitar. Non entendemos ademais por que Badajoz ou Almería teñen liñas subvencionadas polo Ministerio de Fomento por ser de Servizo Público Obrigatorio e Vigo -que somos o aeroporto máis periférico- non.
Cales serían os destinos internacionais prioritarios?
París, Londres e Roma deben ser prioritarios antes que outros como Escocia, con todos os respectos.
Como se debe revitalizar a rede de museos municipal?
Queremos crear o Consello Municipal de Cultura, que redefina que facer coa súa rede de museos, que é brutal, pero non ten programación. O Verbum por exemplo pode ser un museo residente de proxectos culturais, unha proposta da xente de CAÍN. O Marco é un museo e un centro de arte contemporánea e o feito de que non teña unha colección non pode ser limitante. Deben entrar tamén as administracións que se foron, a Deputación, a Xunta e o Ministerio de Cultura deberían aportar máis. No novo deseño da rede de museos, que abordará o novo director do Marco, debemos participar. Por iso aceptamos estar no Padroado.
Comentabas un necesario cambio na política cultural. Que se debe facer co Auditorio Mar de Vigo agora que é municipal?
Como volvan a concesionalo é para ir á Fiscalía. Ten que ser 100% público. Pedir a sala grande medio día son máis de mil euros, é prohibitivo. O único que quería Caballero era inauguralo para que na placa aparecera o seu nome. O Auditorio ten que ser 100% público e ten que rematar o medio millón de euros de axuda directa a unha empresa para que programe as cousas máis infames que non quere ningunha cidade de España. Temos Los Morancos e o Dúo Dinámico xunto aos tributos. Esa é a gran programación.
Como recuperar medioambientalmente Samil, que sempre é o gran proxecto pendente?
Toda a desembocadura do Lagares e as beiras teñen que ser declaradas de Espazo Natural de Interese Local. Entendemos que é unha maneira de protexelo. Teremos bandeira azul, pero non é necesariamente por unha calidade óptima das augas, senón polos servizos. Presentamos alegacións contra manter o antigo Jonathan. Seguimos pensando que hai que recuperar o antigo complexo dunar e retranquear o paseo. É necesario.
Vigo Vertical, si ou non?
Somos partidarios da accesibilidade. Se fora un proxecto só do Concello de Vigo o poderíamos entender. Pero non creemos que vaia dentro da estratexia de cidade sostible dos fondos europeos. O custo enerxético, de mantemento e a pegada medioambiental é contraditoria cos criterios da UE. Queremos que eses fondos vaian a outros proxectos. En Córdoba empregaron eses fondos para que os veciños atrapados en PERIS puideran desenvolver os ámbitos urbanísticos e non quedar 40 anos atrapados. Ou accesibilidades comúns. As escaleiras mecánicas non as pode empregar unha persoa en cadeira de rodas.
Vitrasa é o servizo público peor valorado da cidade. Agora que remata a concesión, débese remunicipalizar?
Vitrasa é un instrumento de patrocinio político. BNG, PP e PSOE xogaron con Vitrasa. Cando pedía, se lle daba. Agora mesmo remata o contrato, pero Vitrasa recoñece que a explotación do servizo custa 24 millóns e recibe máis de 14 de fondos públicos directos. Negocio redondo. Queremos remunicipalizar. O problema é que Vitrasa renovou a flota moi rápido e non é bo, porque agora hai 18 millóns de euros pendentes de amortización pola compra deses autobuses. O novo contrato está condicionado. A campaña da PassVigo a pagou Vitrasa, pero non saíu gratis. Está pendente de amortizar. Non se fixo unha auditoría anual, como ven no prego, e estamos preocupados de que o Grupo Avanza pode condicionar o novo prego.
Chegou Vigo ao seu límite en relación aos centros comerciais?
Cando BNG, PP e PSOE pactaron Porto Cabral os únicos que se opuxeron fumos nos, entón Esquerda Unida. Hai que declarar en Vigo unha moratoria de construcción destas infraestructuras. As últimas son simplemente operacións de engorde inmobiliario do Corte Ingles ou do grupo Auchan. Hai que eliminar a declaración de zona de afluencia turística que permite ampliar horarios e fai moito dano ao pequeno comercio.
Preocúpate que o Celta deixe de xogar en Balaídos?
É unha empresa privada. O único que me preocupa é meter 30 millóns de euros no estadio de Balaídos. O plan era rematar Balaídos e o Celta pagaba un canon duns 800.000 euros ao ano -pensamos que ten que ser algo máis-, e a Cidade Deportiva se iba a Mos. Pero coa aparición do centro comercial en Mos, do que están detrás os promotores de Porto Cabral e o grupo Eurofund, onde dixen canon xa non digo nada. Queremos que o Celta pague por un estadio rematado. Por estratexias de PP, PSOE e Celta quedou no limbo.
É xusto que unha entidade privada como o Celta pague tan pouco?
O actual é vergonzoso. Ninguén lle puxo unha pistola na fronte aos equipos de fútbol para ser sociedades anónimas deportivas. No momento no que asumiron esa xestión, con bonificacións fiscais terribles, o retorno ten que ser claro. No momento no que se rehabilite o Celta ten que pagar un canon e que os primeiros importes se dediquen a restaurar as pistas de atletismo.
Podería venderse o estadio ao Celta?
Non. Unha instalación municipal non se pode vender a dedo. Vigo non ten moitas instalacións deste tipo. Estamos acostumados a concertos “cutrillos” en Castrelos, pero eu quero que en Vigo poida vir U2 ou Metallica. A única instalación onde podes facer iso é Balaídos. Por que non pode estar no circuítos de grandes concertos europeos como era no seu dia o Vicente Calderón. Se queremos traer a Coldplay non o podes meter en Castrelos.
Vigo, ao igual que outras cidades de España ten un grave problema cos prezos do aluguer. Que propoñedes dende Marea de Vigo?
A única maneira de controlar o prezo soamente pasa por un parque público de vivenda que evite que os mercados se disparen. Non vale de nada non ter un instrumento de planificación de vivenda. É necesaria unha empresa municipal de vivenda como teñen no País Vasco, por exemplo. Así se contrarresta a alza de prezos. Hai que controlar tamén os pisos turísticos.
Por que un votante de esquerdas debe elixir a vosa opción?
Os outros xa gobernaron e xa demostraron o que fan. Caballero ten maioría absoluta por determinadas prácticas clientelares que o BNG tamén sostivo. PP e BNG entregaron a Caballero todas as armas da cidade. Nós fomos sempre coherentes coa nosa proposta política. Fixemos un esforzo integrador para sumar a sectores que non estaban con nós. Claro que hai tensións porque temos pluralidade e todo o mundo se expresa, pero iso é unha riqueza porque somos quen de poñernos de acordo con todas esas diverxencias.
Que sería un bo resultado para Marea de Vigo?
Queremos crecer.
E un mal resultado?
Todo o que sexa perder posicións sería negativo.
Para rematar, gustaríame que se quedara cun gran proxecto para a cidade...
Sigo coa teima histórica de emendar o modelo urbanístico desta cidade. Romper a baralla. Remataron os PERI. Remataron as grandes operacións especulativas. Remataron as grandes infraestruturas que nunca se fan. Hai que emendar o modelo dos anos 90.
MAREA DE VIGO-SON EN COMÚN (MAREA DE VIGO)
1. RUBEN PEREZ CORREA
2. ORIANA MENDEZ FUENTES
3. JOAQUIN PASTORIZA CERVIÑO
4. ESTELA MILLER FERNANDEZ
5. RAMON ANGEL LAREU RIVEIRO
6. IRIA SOTELO FERNANDEZ
7. NESTOR VAZQUEZ MARIÑO
8. MARIA ISABEL LAURA GONZALEZ MUÑOZ
9. GUILLERMO CREGO RODRIGUEZ
10. ANA ARDID DE CABO
11. OSCAR GONZALEZ ALVAREZ
12. MIRIAM CORRAL SERTAL
13. MIGUEL LORENZO FERNANDEZ
14. GABRIELA LADREDO MARTIN
15. JULIO FERNANDEZ COLLAZO
16. CATUXA LOPEZ PATO
17. MANUEL GONZALEZ GARRIDO
18. NOEMI SILVA ALVAREZ
19. JESUS MARIA ALVAREZ FERNANDEZ
20. ALEJANDRA GARCIA GARRIDO
21. DANIEL GARCIA REIGOSA
22. TANIA MARTINEZ CORREDOIRA
23. FRANCISCO JAVIER FERNANDEZ FERNANDEZ
24. ALBA SANCHEZ NOVO
25. JOSE ANTONIO FERNANDEZ PEREZ
26. VERONICA DIAZ PEREZ
27. JUAN JOSE RODRIGUEZ CASTRO
Suplentes
1. BEATRIZ SANCHEZ ALVAREZ
2. JOSE NUÑEZ ROCHA
3. PEDRO ANTELO SANTAMARIA
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL