Hai moitas formas de celebrar o Día das Letras Galega. Ademais dos diversos actos que teñen lugar nos concellos de Vigo e a súa área, Ponteareas decidiu crear unha iniciativa coa que as panaderías locais difunden a vida e obra de Antón Fraguas nas 8.000 bolsas de papel que, nestes día tan especial para a cultura galega, portarán as veciñas e veciños da localidade do Condado.
Un ano máis, o Día das Letras Galegas chega a todos os recunchos tanto do centro urbano como das parroquias con iniciativas culturais, comerciais e de lecer. Na tarde deste 17 de maio, Ponteareas acolle dende ás 18:00 horas na Praza Maior o espectáculo do Circo Chosco, que porá en escena “Riscando o ceo”. Ás 18:00 horas no Centro Cultural de Xinzo os nenos da parroquia falarán sobre a vida e obra de Antón Fraguas, actuará o grupo de baile e haberá teatro do alumnado do IES Val da Louriña do Porriño dirixido por Delio García Represas e o dúo Aldaolodo co espectáculo “Cría fama e bótate a correr” pechará os actos en Xinzo. Tamén ás 19:00 horas dentro do programa Cultura 24 na Casa Cultural de Prado actuará o monologuista Avelino González. Ás 20:00 horas, na Praza Maior, concerto da banda de música Reveriano Soutullo e na Casa Cultural de Arcos, ás 20:30 horas, haberá teatro co grupo Pena do Equilibrio, que representará a obra “Simplemente persoas”.
O domingo 19 de maio, ás 19:00 horas, dentro da programación de Cultura 24 na Casa Cultural de Areas teremos “Contos e historias” con Celso Fernández Sanmartín e ás 20:30 horas dentro de Cultura 24 no centro Antorcha de Crístiñade actuará Voces do Arrieiro.
Ademais destes actos, a concellería de Cultura tamén puxo a disposición das parroquias a exposición dos cartaces que recollen a vida e obra de Antón Fraguas, acollen esta mostra un total de nove centros e casas culturais.
Dende a concellería de Cultura tamén se están a entregar nas parroquias un lote de libros editado polo concello sobre autores e artistas ponteareáns. “Felicito e agradezo a todas as asociacións culturais e veciñais que se involucraron en poñer en valor a nosa cultura e os nosos escritores”, sinalou a concelleira Hortensia Bautista.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL